Dettifoss
Dettifoss é unha fervenza do Parque Nacional Jökulsárgljúfur, que se atopa no nordés de Islandia, preto do lago Mývatn.

Dettifoss no mapa físico de Islandia.
CaracterísticasEditar
Está situada no leito do río Jökulsá á Fjöllum, que nace no glaciar de Vatnajökull e recolle auga dunha grande área da zona nordeste da illa. A fervenza ten 100 metros de ancho e unha caída de 44 metros ao canón de Jökulsárgljúfur. É a maior fervenza de Europa no tocante ao volume de auga, cuns caudais medio e máximo de 200 e 400 metros cúbicos por segundo, respectivamente [1].
NotasEditar
- ↑ "World Waterfall Databse" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 23 de decembro de 2008. Consultado o 06 de xullo de 2009.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Dettifoss |
BibliografíaEditar
- Leffman, David; and Proctor, James (2004). The Rough Guide To Iceland, Rough Guides, 281. ISBN 1-84353-289-1.
Ligazóns externasEditar
- Páxina oficial de Dettifoss (en inglés) (en islandés)