Os Detroit Tigers son un equipo profesional estadounidense de béisbol con sede na cidade de Detroit, Míchigan. O club compite na Major League Baseball (MLB) como membro da Divisón Central da American League (AL). Desde o ano 2000 xogan os seus partidos como local no Comerica Park, recinto con capacidade para 41.297 espectadores. Os Tigers, fundados no ano 1901,[1] foron un dos membros fundadores da American League, a franquía desta liga máis antiga con sede na mesma cidade e co mesmo nome. O equipo gañou catro Series Mundiais (1935, 1945, 1968 e 1984), once títulos da American League (1907, 1908, 1909, 1934, 1935, 1940, 1945, 1968, 1984, 2006 e 2012), e catro títulos da División Central (2011, 2012, 2013 e 2014). Os Tigers tamén gañaron títulos de división en 1972, 1984 e 1987, cando eran membros da División Leste.

Detroit Tigers
Fundado en 1901
En Detroit desde 1901
LogoInsignia
Afiliacións de Grandes Ligas
Uniforme actual
Dorsais retirados2, 5, 6, 11, 16, 23, 42
Cores
  • Azul, laranxa, branco               
Nome
  • Detroit Tigers (1901–presente)
Alcumes
  • The Tigs
Estadio
  • Comerica Park (2000–presente)
  • Tiger Stadium (1912–1999)
  • Burns Park (1901–1902)
  • Bennett Park (1901–1911)
Títulos das Grandes Ligas
Series Mundiais (4)1935, 1945, 1968, 1984
American League (11)1907, 1908, 1909, 1934, 1935, 1940, 1945, 1968, 1984, 2006, 2012
División Central (4)2011, 2012, 2013, 2014
División Leste (3)1972, 1984, 1987
Administración
Dono(s)Christopher Ilitch
AdestradorBrad Ausmus
Director xeralAl Avila
PresidenteAl Avila

Notas editar

  1. "Tigers Timeline". tigers.mlb.com. Arquivado dende o orixinal o 22 de marzo de 2017. Consultado o 19 de marzo de 2017. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar