Unha despensa, do latín dispensu (administrado, aprovisionado)[1], é un moble, habitación ou lugar da casa onde se almacenan os alimentos.[2]

A Despensa, Frans Snyders, ca. 1620

Características editar

As despensas eran correntes en casas antes do uso extensivo do frigorífico.

Unha despensa debe ser:

  • Tan fresca como sexa posible
  • Próxima ás áreas de preparación de alimentos
  • Construída para evitar a entrada de moscas e bechos
  • Fácil de manter limpa
  • Equipada de andeis apropiados ao alimento que é almacenado.

No hemisferio norte, a maioría das casas adoitaban ter a súa despensa e cociña no lado norte ou leste da casa onde recibía menos sol. En Australia e Nova Zelandia as despensas eran colocadas nos lados sur ou oeste da casa pola mesma razón.[Cómpre referencia]

Historia editar

 
Despensa do século XIX no Museo Romántico Can Papiol de Vilanova i a Geltrú

Moitas despensas teñen pequenas xanelas sen vidro coa abertura cuberta por unha malla fina. Isto permite a circulación libre do aire sen permitir que entren as moscas. Moitas despensas alicatáronse ou se pintaron as paredes para simplificar a limpeza. As despensas máis vellas e especialmente as das casas máis grandes tiñan ganchos no teito para colgar pezas de carne ou de caza. Outras tiñan envases illantes para o xeo, anticipando o desenvolvemento futuro dos refrixeradores. Unha despensa pode conter unha laxa ou un estante de pedra usado para manter o alimento fresco nos tempos anteriores á refrixeración.

Nunha casa moderadamente grande do século XIX, todos estes cuartos púñanse tan abaixo no edificio como fose posible e conveniente para utilizar a masa da terra para conservalos a baixa temperatura durante o verán.

Moi poucas casas modernas teñen despensas no sentido antigo chamándose así agora aos andeis ou cuartos pequenos situados normalmente xunto á cociña, onde se gardan as bebidas e alimentos envasados.[Cómpre referencia]

Notas editar

  1. "despensa". digalego.xunta.gal. Consultado o 2023. 
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Despensa.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar