Deserto Salvador Dalí

Coordenadas: 22°36′54″S 67°39′50″O / -22.614984, -67.6637769

O deserto Salvador Dalí (castelán: Desierto Salvador Dalí; en quechua: Salvador Dalí ch'in pacha), tamén conecido como Val de Dalí (en castelán: Valle de Dalí), é un val extremadamente estéril do suroeste de Bolivia, no Departamento de Potosí.

Deserto Salvador Dalí.

Características editar

Está localizado no suroeste de Bolivia, ao sur do departamento de Potosí dentro da Reserva Nacional de Fauna Andina Eduardo Abaroa e ao sur do salar de Chalviri. Atópase a unha altura media de 4.750 m s. n. m.​, cunha superficie aproximada de 110 km², e caracterízase por ter paisaxes que lembran as pinturas surrealistas de Salvador Dalí.[1]

Notas editar

  1. "SERNAP | Servicio Nacional de Áreas Protegidas" (en castelán). 2023-09-27. Consultado o 2023-10-02.