Desembarco de soldados procedentes de Cuba
Desembarco de soldados procedentes de Cuba (en catalán: Desembarcament de soldats procedents de Cuba) é un debuxo de carbón sobre papel de 38,4 x 55,4 cm do pintor Lluís Graner (1863-1929). Atópase nos fondos do Museo Nacional de Arte de Cataluña en Barcelona, co número de inventario 026775-D e procedente da adquisición realizada no ano 1911 da colección Casellas.[1]
Desembarco de soldados procedentes de Cuba | |
---|---|
Artista | Lluís Graner |
Data | 1911 |
Técnica | Carbón sobre papel |
Dimensións | 38,4 cm cm × 55,4 cm cm |
Localización | Museo Nacional de Arte de Cataluña (Barcelona) |
Historia editar
Pintado en 1898, representa a volta e desembarco dos soldados españois vencidos na Guerra Hispano-Estadounidense, coñecida popularmente como a Guerra de Cuba e que tivo, como consecuencia posterior, mediante os acordos de París do 10 de decembro de 1898, que os Estados Unidos adquirisen Cuba, Filipinas, Porto Rico e Guam.[2]
Notas editar
- ↑ Museu Nacional d'Art de Catalunya (ed.). "Desembarcament de soldats procedents de Cuba" (en catalán). Arquivado dende o orixinal o 14 de agosto de 2016. Consultado o 27 de xuño de 2016.
- ↑ Palomero Caro & Pérez Rodríguez 2006, p. 58.
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- Palomero Caro, Rafael; Pérez Rodríguez, Josep Maria (2006). Histocard 2. Historia contemporánea de Cataluña y de España. Colección Minimanual, núm. 14. Barcelona: Castellnou Ediciones. ISBN 84-9804-211-9.