CAD
deseño de planos técnicos con computador
(Redirección desde «Deseño asistido por ordenador»)
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2014.) |
CAD son as siglas de Computer Aided Design (deseño asistido por ordenador) e refírese á utilización de sistemas informáticos para deseñar planos técnicos dunha forma máis rápida. Emprégase en arquitectura ou no deseño de pezas. O programa máis coñecido é AutoCAD.
Historia
editarIvan Sutherland desenvolveu o sistema SKETCHPAD en 1963, considerado o antecesor do CAD, as primeiras aplicacións comerciais de CAD estaban deseñadas para as grandes industrias automobilísticas e aeroespaciais.