Descrición do Reino de Galicia

obra de Bartolomé Sagrario de Molina

Descrición do Reino de Galicia é unha obra en lingua castelá de Bartolomé Sagrario de Molina redactada en 1549 e publicada en Mondoñedo en 1550 co título orixinal de Descripcion del Reyno de Galizia y de las cosas notables del. Trátase dunha descrición do Reino de Galiza redactada polo devandito licenciado Molina, un dos primeiros licenciados en dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e malagueño de orixe. A obra foi traducida ao galego e publicada en 2003 por Editorial Toxosoutos.[1]

Descrición do Reino de Galicia
Autor/aLicenciado Molina
Data de pub.1550
editar datos en Wikidata ]

Temática editar

Trátase dunha descrición exhaustiva do reino, redactada en castelán, onde se fala dos corpos de santos ou reliquias, ríos, poboacións, portos e monumentos que atesoura o reino. Tamén fala das orixes e feitos de armas máis destacados das liñaxes galegas imperantes na época.

É considerado o primeiro libro galego moderno, tanto pola súa temática, unha reivindicación de Galicia levantada nun momento de auxe da galegofobia; como por ser iniciativa dun editor non relixioso, Agustín de Paz[2], nun tempo en que só a igrexa promovía libros.[3]

Estrutura e estilo editar

 
Colofón.

Está estruturada en cinco partes e presentada en verso e en cadansúa páxina un comentario en prosa que amplía o texto versificado. É importante pola súa antigüidade e por ser un dos primeiros textos en que nesta época se reivindica a defensa e dignidade de Galiza fronte ao desprezo e o proceso de periferización en que se ía inserindo.

Notas editar

  1. Páxina web da Editorial Toxosoutos
  2. "Agustín de Paz". Real Academia de la Historia. Consultado o 2022-08-30. 
  3. Barro, Pepe (2018). Máis que ver. Cen historias do deseño na Galiza. Xerais. p. 55-56. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar