Departamento de Kédougou

Kédougou é un departamento da rexión de Kédougou, no Senegal. A súa capital é Kédougou, así como a única comuna do departamento.

Kédougou
Administración
PaísSenegal Senegal
RexiónKédougou
Datos
Poboación111.207 hab. (2005)
Superficie16.896 km2
Densidade7 hab./km2
Subdivisións
ArrondissementsBandafassi - Fongolembi

O departamento foi fixado por decreto o 21 de febreiro de 2002, mais a actual rexión á que pertence foi creada en 2008. Anteriormente pertencía á rexión de Tambacounda

Segundo o censo do ano 2002, tiña unha poboación de 102.814 habitantes. No 2005 a súa poboación era estimada en 111.207 persoas.