Departamento Administrativo Nacional de Estatística
O Departamento Administrativo Nacional de Estatística (DANE) (en castelán: Departamento Administrativo Nacional de Estadística) é a entidade responsable da produción de estatísticas oficiais en Colombia,[1] así como da coordinación do Sistema Estatístico Nacional. O DANE achega máis de 100 operacións estatísticas en aspectos industriais, económicos, agropecuarios, demográficos e de calidade da vida.[2]
Departamento Administrativo Nacional de Estatística | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
![]() | ||||
Nome curto | DANE ![]() | |||
Tipo | instituto de estatística, información e base de datos ![]() | |||
Parte de | Sistema Estadístico Nacional (en) ![]() ![]() | |||
Personalidades | ||||
Director/a executivo/a | Juan Daniel Oviedo (en) ![]() ![]() | |||
Entidades | ||||
Entidades subsidiarias
| ||||
Data | ||||
Fundación | 15 de outubro de 1953 ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
País | Colombia ![]() | |||
Sede | Bogotá ![]() | |||
Xurisdición | Colombia ![]() | |||
Contacto | ||||
Páxina WEB | dane.gov.co ![]() | |||
Redes | ![]() ![]() ![]() ![]() | |||
[ Wikidata ] |
Dende 2022, a súa directora é Beatriz Piedad Urdinola Contreras.[2]
Historia
editarO DANE creouse en outubro de 1951, mediante o Decreto 2240, cando se separa a Oficina Nacional de Estatística da Contraloría Xeral da República. En 1953, baixo o goberno do Xeneral Gustavo Rojas Pinilla, con amparo no Decreto 2666, créase o Departamento Administrativo Nacional de Estatística – DANE; posteriormente foi reorganizado en 1968 (Decreto 3167), sendo presidente do país Carlos Lleras Restrepo; en decembro de 1992, durante o goberno de César Gaviria Trujillo, levouse a cabo unha reestruturación con base no Decreto 2118.
Mediante Decreto Non.1174 do 29 de xuño de 1999, baixo o goberno de Andrés Pastrana, adscríbese ao DANE o Instituto Xeográfico Agustín Codazzi. Co Decreto 1151 do 19 de xuño de 2000, adoptouse unha nova estrutura orgánica e posteriormente realizáronse axustes e modificacións á planta de persoal, a cal foi adoptada mediante o Decreto 1187 do 28 de xuño de 2000, no goberno de Andrés Pastrana Arango. Co Decreto 263 do 28 de xaneiro de 2004 modifícase a planta de persoal do Departamento Administrativo Nacional de Estatística e dítanse outras disposicións.
Notas
editar- ↑ Congreso de Colombia (11 de decembro de 2013). "Ley 1687 de 2014" (PDF). Diario Oficial (en castelán) (Bogotá) (49,001): 5. ISSN 0122-2112. OCLC 500057889. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 9 de xaneiro de 2014. Consultado o 8 de xaneiro de 2014.
- ↑ 2,0 2,1 Urdinola, Piedad (6 de outubro de 2023). "Capacidades estadísticas territoriales para una Colombia mejor". La Patria (en castelán). Consultado o 7 de outubro de 2023.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Departamento Administrativo Nacional de Estatística |