Abrir o menú principal

Dena, Meaño

parroquia do concello de Meaño

Coordenadas: 42°27′00″N 08°48′42″O / 42.45000, -8.81167

Dena
Cruceiro Dena, Meaño.jpg
ConcelloMeaño
Área5,33 km²
Poboación2.214 hab. (2016)
Densidade415,38 hab./km²
Entidades de poboación12

Santa Eulalia de Dena é unha parroquia do concello pontevedrés de Meaño. Ten 12 aldeas, nas que vivían 2.214 persoas (1.139 mulleres e 1.075 homes), segundo datos do padrón municipal de habitantes de 2016, o que representa un descenso respecto ós anos 2010, cando tiña 2.252 veciños, e 2005, cando eran 2.222.

XeografíaEditar

Limita ó norte coas parroquias de Castrelo (Cambados), Padrenda e Xil, ó oeste coas de Vilalonga (Sanxenxo) e a ría de Arousa, ó leste coas de Xil, Meaño e Lores, e ó sur coa de Nantes (Sanxenxo).

Situada na parte baixa do concello, a parroquia de Dena é a de maior extensión e a única en contacto co mar. Os seus principais accidentes costeiros son as praias de Fianteira, Seixiño e A Chanca, esta última onde desemboca o río co mesmo nome dando lugar á ría de Dena. O accidente xeográfico de maior altura é o Monte Penaguda, con 156 m de altitude.

O paso da estrada comarcal C-550 permitiu un importante desenvolvemento socioeconómico da parroquia, especialmente do núcleo urbano, que está situado no paso da estrada pola rúa de Galicia (metade sur do lugar de Coirón e lugar de Dena), pola rúa Ponte Dena e polo lugar da Chanca. Neste núcleo é onde se congregan algunhas das máis importantes empresas da zona, así como un cada vez máis crecente sector de servizos.

FestasEditar

O 19 de marzo celébrase San Xosé, o día do pai, sendo a primeira das festas do ano na parroquia. Antigamente celebrábase San Antón en xuño.

En xullo celébrase a festa de San Cristovo, sendo esta a festa de asistencia mais multitudinaria, coa súa tradicional procesión de automóbiles. Logo desta ofrécese aos asistentes sardiñas, chourizos, pan de millo e viño.

O 11 de decembro celébrase a festividade de Santa Eulalia, patroa da parroquia, e o día 13 do mesmo mes Santa Lucía, avogosa da vista. Pola proximidade de dúas parroquias que celebran Santa Eulalia (Xil e Nantes), a festividade de Santa Lucía ten mais importancia que a da propia patroa.

Galería de imaxesEditar

Lugares e parroquiasEditar

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar