Denís Conles Tizado

político galeguista da Arxentina


Denís Conles Tizado, nado en Buenos Aires o 7 de xaneiro de 1932 e finado o 27 de outubro de 2003, foi un político galeguista da Arxentina.

Infotaula de personaDenís Conles Tizado
Biografía
Nacemento7 de xaneiro de 1932 Editar o valor em Wikidata
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor em Wikidata
Morte27 de outubro de 2003 Editar o valor em Wikidata (71 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo de Jesús Celestino Conles, nado en Conles (Moraña) e emigrado á Arxentina. Non finalizou a educación secundaria porque estaba orientada ao comercio. Integrouse nas Mocedades Galeguistas en 1953, das que chegou a ser secretario xeral en 1955 e director do seu voceiro Adiante. Comezou a traballar no Banco Provincia de Córdoba e trasladouse a Córdoba. Nos anos setenta formou parte da Frente de Izquierda Popular (FIP), dirixida por Jorge Abelardo Ramos. Co golpe de Estado do 24 de marzo de 1976 que deu ligar ao chamado Proceso de Reorganización Nacional, foi detido e secuestrado. Estivo detido un mes no Cabido de Córdoba, o centro clandestino de detención D2. Despois trasladárono ao penal de Sierra Chica onde foi legalizado. Puido saír da prisión en marzo de 1997. A comezos dos oitenta encargouse da redacción e diagramación da revista do Colexio de Farmacéuticos de Córdoba, e foi redactor nunha axencia de publicidade. Finalmente, grazas ás presións dos sindicatos, foi reincorporado e volveu traballar no banco.

Colaborou en diferentes xornais, fixo programas de radio, redactou varios prólogos e en 2001 escribiu o libro Juan Bautista Bustos-Provincia e Nación sobre a vida dun gobernador cordobés.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar