Delmiro Sarmiento

militar e político galego

Delmiro Sarmiento Cerradelo, nado en Bande cara a 1891, foi un militar e político galego.

Modelo:BiografíaDelmiro Sarmiento
Biografía
Nacemento1891 Editar o valor en Wikidata
Bande, España Editar o valor en Wikidata
Morteséculo XX Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar, político, xornalista Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 14547

Traxectoria

editar

Fillo do garda civil Silvestre Sarmiento Rodríguez e de Benita Cerradelo Novoa. Estudou o Bacharelato no Instituto de Ourense. Alférez de Infantería do Rexemento de Zaragoza, foi adscrito ao Batallón de Reserva e Caixa de Recrutas da Estrada en 1920.[1] Ascendeu a tenente na Estrada e foi declarado excedente en 1927.[2] Despois estivo destinado no Rexemento Garellano de Bilbao ata o seu ascenso a capitán en 1930 sendo destinado a Pontevedra.[3] Concedéronlle o retiro en xullo de 1931.[4] Militante socialista, foi elixido vogal da Comisión Executiva da Federación de Colectividades Socialistas de Pontevedra presidida por Francisco Tilve Rodríguez en 1934.[5] Participou no mitin socialista de Vilariño (Cambados) en setembro de 1933,[6] e como representante socialista no mitin contra o fascismo e a lei de amnistía do Cine Coliseum de Pontevedra en abril de 1934, xunto con Desiderio Comesaña Prado, Ramón Suárez Picallo, Manuel García Filgueira e José Adrio Barreiro.[7]

Colaborou en El Emigrado dende 1927, onde tamén mantivo unha sección titulada "Divagaciones" nos anos trinta. Foi director de La Hora dende xaneiro de 1934[8] ata o seu cesamento en xullo,[9] aínda que continuou como redactor xefe ata a súa dimisión a finais de agosto dese ano.[10] Foi detido o 11 de outubro de 1934 con motivo da folga xeral revolucionaria de 1934.[11] Instalouse en Vigo. Participou na campaña electoral das eleccións de febreiro de 1936 a prol da Fronte Popular.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido en Vigo. Xulgado en Vigo o 3 de marzo de 1937 acusado de rebelión militar, foi condenado a cadea perpetua coa accesoria de perda de emprego. Como consecuencia foi dado de baixa no Exército o 6 de abril de 1937.[12] Cumpriu condena na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, de onde saíu en liberdade condicional en 1941,[13] logrando a liberdade definitiva o 20 de decembro de 1944. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en 1940,[14] e foi sancionado cunha multa de 250 pesetas en 1941.

Recoñecementos

editar

Foi condecorado coa Orde de San Hermenegildo en decembro de 1935.[15]

Vida persoal

editar

Casou na Estrada con Dolores Sánchez Álvarez en febreiro de 1923.[16]

  1. El Compostelano, 28-6-1920, p. 2.
  2. El Emigrado, 31-1-1927, p. 4.
  3. El Emigrado, 16-7-1930, p. 4.
  4. La Voz de Galicia, 28-7-1931, p. 2.
  5. La Hora, 3-3-1934, p. 2.
  6. El Pueblo Gallego, 27-9-1933, p. 8.
  7. El Pueblo Gallego, 24-4-1934, p. 14.
  8. La Hora, 13-1-1934, p. 2.
  9. La Hora, 14-7-1934, p. 3.
  10. La Hora, 1-9-1934, p. 3.
  11. O movemento de outubro de 1934 por Xosé Álvarez
  12. BOE, 7-4-1937, p. 920.
  13. BOE, 30-7-1941, p. 5732,
  14. BOE, 17-8-1940, p. 3803.
  15. El Pueblo Gallego, 11-12-1935, p. 3.
  16. El Eco de Santiago, 10-2-1923, p. 2.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar