Deflación (algoritmo)

O algoritmo deflación é un sistema de compresión de datos sen perdas que emprega unha combinación do algoritmo LZ77 e a codificación Huffman. Foi orixinariamente definido por Phil Katz para a versión 2 da súa ferramenta de archivado PKZIP, e foi máis tarde especificado como RFC 1951. O algoritmo deflación está libre de todo tipo de patentes subsistentes, e isto, antes de que expirara a patente de LZW (o cal é empregado no formato de ficheiros GIF), levou á súa popularización e uso en ficheiros comprimidos baixo gzip e arquivos de imaxe PNG, además do formato de compresión ZIP para o cal foi deseñado orixinariamente por Katz.

Pódese atopar código fonte para a compresión e descompresión empregando este algoritmo en zlib, a librería de compresión de propósito xeral, dispoñíbel como código aberto.

AdvanceCOMP emprega unha posta en funcionamento do algoritmo deflación que permite recompresión de arquivos Gzip, PNG, MNG e ZIP para obter tamaños de arquivo menores que con zlib.

Ligazóns externas editar