Defende a Galega é o lema dunha mobilización de traballadoras e traballadores do medios públicos galegos que comezou en maio de 2018. Recibiu o Premio José Couso de Liberdade de Prensa en 2019.[1]

Traxectoria

editar

Estruturouse como unha mobilización semanal, os venres negros, na que as traballadoras e traballadores que a secundan pasaron a se vestir con camisolas de cor negra.

Tamén organizaron paros parciais, unha manifestación o 8 de setembro de 2018 e unha folga de 24 horas o 19 de decembro de 2018.[2] En 2019 a cantante Sés acudiu ao programa Zig Zag cunha camisola de Defende a Galega.[3]

Con ocasión da entrega do Premio José Couso de Liberdade de Prensa denunciaron ostracismo.[4][5]

  1. "El colectivo 'Defende a Galega' gana el XV Premio José Couso de Libertad de Prensa". Eldiario.es (en español). 13 de abril de 2019. Consultado o 15 de abril de 2019. 
  2. "'Defende a Galega' gaña o Premio José Couso de Liberdade de Prensa". Praza Pública. 13 de abril de 2019. Consultado o 15 de abril de 2019. 
  3. "A CRTVG non nega o veto a Ses". Sermos Galiza. 12 de abril de 2019. Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2019. Consultado o 15 de abril de 2019. 
  4. Pardo; Miguel (17 de abril de 2019). ""Debería preocuparnos asumir con naturalidade que ser crítico en Galicia pode supoñer o ostracismo"". Praza Pública. Consultado o 22 de abril de 2019. 
  5. “Non houbo un só xesto da CRTVG por achegar posturas; igual alguén debería pensar en botarse a un lado”. Praza Pública. Entrevista con Miguel Pardo. 3 de maio de 2019. Consultado o 6 de maio de 2019.