Death on the Nile (filme de 2022)

filme de 2022 dirixido por Kenneth Branagh

Death on the Nile é un filme británico-estadounidense de 2022 dirixido por Kenneth Branagh a partir dun guión Michael Green. Baséase na novela homónima de Agatha Christie. Foi producido por Branagh, Ridley Scott, Judy Hofflund e Kevin J. Walsh. O filme é unha secuela de Asasinato no Orient Express (2017), e está protagonizado por Tom Bateman, Annette Bening, Branagh, Russell Brand, Ali Fazal, Dawn French, Gal Gadot, Armie Hammer, Rose Leslie, Emma Mackey, Sophie Okonedo, Jennifer Saunders e Letitia Wright. Branagh e Bateman retoman os seus papeis do filme anterior, interpretando a Hercule Poirot e Bouc, respectivamente. Esta é a terceira adaptación da novela de Christie, despois do filme de 1978 e un episodio de televisión na serie Agatha Christie's Poirot emitida en 2004. A fotografía principal realizouse en setembro de 2019, a rodaxe produciuse en Longcross Studios, Inglaterra, e rematou en decembro dese ano.[3]

Death on the Nile
Ficha técnica
Título orixinalDeath on the Nile
DirectorKenneth Branagh
Produtor
GuiónMichael Green
Baseado enDeath on the Nile de Agatha Christie
Intérpretes
MúsicaPatrick Doyle
FotografíaHaris Zambarloukos
MontaxeÚna Ní Dhonghaíle
Estudio
Distribuidora20th Century Studios
EstreaFrancia e Corea do Sur: 9 de febreiro de 2022
Duración127 minutos[1]
OrixeReino Unido Reino Unido
Estados Unidos de América Estados Unidos
XéneroMisterio
Orzamento90 millóns de dólares[2]
Recadación136,9 millóns de dólares
Filme anteriorAsasinato no Orient Express
Na rede
https://www.20thcenturystudios.com/movies/death-on-the-nile
IMDB: tt7657566 Filmaffinity: 530280 Allocine: 260812 Rottentomatoes: m/death_on_the_nile_2022 Mojo: deathonthenile19 Allmovie: v701618 Metacritic: movie/death-on-the-nile
Twitter: DOTNMovie Instagram: deathonthenile Editar o valor em Wikidata

Death on the Nile estreouse internacionalmente en varios países o 9 de febreiro de 2022, e no Reino Unido e nos Estados o 11 de febreiro, despois de varios adiamentos por mor da pandemia de COVID-19. O filme recibiu valoracións dispares por parte da crítica, que o percibiu como inferior ás adaptacións anteriores mais apreciou o seu estilo. Recadou máis de 136,9 millóns de dólares sobre un orzamento de 90 millóns, converténdose no noveno filme con maior recadación de 2022 nos Estados Unidos.

Personaxes editar

Notas editar

  1. "Death on the Nile (12A)". Irish Film Classification Office. Arquivado dende o orixinal o 25 de decembro de 2021. Consultado o 26 de decembro de 2021. 
  2. D'Alessandro, Anthony (23 de marzo de 2021). "Death On The Nile' Floats Away To 2022 Amid Armie Hammer LAPD Investigation". Consultado o 23 de marzo de 2021. 
  3. Wiseman, Andreas (1 de outubro de 2019). "Fox & Kenneth Branagh's All-Star Agatha Christie Movie 'Death On The Nile' Begins Production In UK". Deadline Hollywood. Arquivado dende o orixinal o 2 de outubro de 2019. Consultado o 21 de outubro de 2019. 
  4. 4,0 4,1 Disney.com (18 de agosto de 2020). ""Death on the Nile" to be released February 11, 2022". in70mm.com. Arquivado dende o orixinal o 29 de xaneiro de 2022. Consultado o 29 de xaneiro de 2022.