Death Grips é un grupo de hip hop experimental de Sacramento (California), formado no ano 2010. Os integrantes do grupo son o rapeiro/vocalista MC Ride (Stefan Burnett), Zach Hill (batería, produtor e compositor) e o enxeñeiro Andy Morin.[1][2] O guitarrista Nick Reinhart (Tera Melos) participou nos álbums Fashion Week, Jenny Death e Bottomless Pit. O seu estilo musical pode clasificarse en torno ao hip hop, punk, electrónica, noise e mesmo industrial. No 2012, a revista británica The Skinny manifestou que pasa por ser "a primeira banda verdadeiramente importante do século vinte e un".[3]

Death Grips
Death Grips no 2012.
OrixeSacramento (California), Estados Unidos de América Estados Unidos
Período2010 - presente
Xénero(s)hip hop, electropunk, industrial hip hop
Selo(s) discográfico(s)Third Worlds, Harvest Records, Epic Records, Warp
MembrosMC Ride
Zach Hill
Andy Morin
Na rede
http://www.thirdworlds.net/
Facebook: deathgripz Twitter: deathgrippin Instagram: bbpoltergiest Youtube: UCuq1H-HXWoW4JL-hX5bWxzw Vimeo: deathgrips Souncloud: DEATHGRIPS Spotify: 5RADpgYLOuS2ZxDq7ggYYH iTunes: 437819641 Last fm: Death+Grips Musicbrainz: f9133036-ab3d-4e97-bd11-7a2c98ad148a Songkick: 4311036 Discogs: 2225756 Allmusic: mn0002741208 Deezer: 1699729 Genius: Death-grips Editar o valor em Wikidata

A banda lanzou en abril do 2011 o mixtape Exmilitary e o ano seguinte o seu álbum debut The Money Store, ambos con boa acollida da crítica.[4] Pouco despois de asinar con Epic Records no ano 2012 o grupo filtra e pon en descarga libre o seu segundo álbum No Love Deep Web, rompendo as condicións contractuais, o que lles valeu a expulsión da discográfica tempo despois. No 2013 publican o terceiro álbum, Government Plates. Tras non presentarse a varias actuacións (rachando cos contratos asinados) o grupo anunciou a súa disolución en xullo de 2014 xunto co lanzamento do seu cuarto álbum de estudio The Powers That B.[5][6] Porén, en marzo de 2015 a banda revelou que quizais "poderían facer máis música"[7] e despois anunciaron unha xira mundial.[8] Máis tarde ese mesmo ano anunciaron o seu quinto álbum, titulado Bottomless Pit, o cal foi publicado no mes de maio do ano 2016.[9]

Discografía editar

Álbums de estudio

Mesturas

Notas editar

  1. https://mobile.twitter.com/bbpoltergiest/status/840695825042886656
  2. Clash Magazine (ed.). "Suspicious Minds - The Resolute Mission Of Death Grips". Consultado o 5 de xaneiro de 2015. 
  3. TheSkinny (ed.). ""Death Grips: "There's a lot of recycling and destruction in the making of our music""". Consultado o 19 de abril de 2015. 
  4. Metacritic (ed.). "Death Grips' Scores". Consultado o 30 de novembro de 2012. 
  5. "Death Grips - Timeline Photos - Facebook". Consultado o 5 de xaneiro de 2015. 
  6. "Ꭰeath á?Šrips (@bbpoltergiest) | Twitter". Web.archive.org. 10 de decembro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 10 de decembro de 2014. Consultado o 27 de marzo de 2016. 
  7. Facebook.com (ed.). "Death Grips - you're right, we might make some more". Consultado o 3 de abril de 2015. 
  8. Facebook.com (ed.). "Death Grips - Timeline Photos". Consultado o 3 de abril de 2015. 
  9. Facebook, ed. (21 de outubro de 2015). "Death Grips - We've decided to make a new Death Grips...". Consultado o 27 de marzo de 2016. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar