Dead Man Walking (filme)
filme de 1995 dirixido por Tim Robbins
Dead Man Walking é un filme estadounidense de coproducido e dirixido por Tim Robbins que se estreou en 1995. Está protagonizado por Susan Sarandon e Sean Penn, e o guión é unha adaptación do libro homónimo. A irmá Helen Prejean (Sarandon) estabelece unha relación especial con Matthew Poncelet (Penn), un prisioneiro no corredor da morte en Luisiana, actuando como a súa conselleira espiritual despois de terse carteado con el.
Dead Man Walking | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Dead Man Walking |
Director | Tim Robbins |
Produtor | Tim Robbins Jon Kilik Rudd Simmon |
Guión | Tim Robbins |
Baseado en | Dead Man Walking de Helen Prejean C.S.J. |
Intérpretes | |
Música | David Robbins |
Fotografía | Roger A. Deakins |
Montaxe | Lisa Zeno Churgin |
Estudio | PolyGram Filmed Entertainment Working Title Films |
Distribuidora | Gramercy Pictures |
Estrea | 29 de decembro de 1995 |
Duración | 122 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Drama |
Orzamento | $11 000 000 |
Recadación | $83 000 000 |
Na rede | |
Personaxes
editar- Susan Sarandon como Helen Prejean
- Sean Penn como Matthew Poncelet
- Margo Martindale como Irmá Colleen
- Robert Prosky como Hilton Barber
- Lois Smith como Augusta Bourg Prejean
- Jack Black como Craig Poncelet
- Celia Weston como Mary Beth Percy
- Raymond J. Barry como Earl Delacroix
- R. Lee Ermey como Clyde Percy
- Michael Cullen como Carl Vitello
- Scott Wilson como Chaplain Farlely
- Roberta Maxwell como Lucille Poncelet
- Peter Sarsgaard como Walter Delacroix
- Missy Yager como Hope Percy
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Dead Man Walking na IMDb (en inglés).
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)