De cada cal segundo as súas capacidades, a cada cal segundo as súas necesidades

De cada cal segundo as súas capacidades, a cada cal segundo as súas necesidades é un aforismo que sintetiza os principios dunha sociedade socialista ou comunista, no sentido orixinal do termo.

Foi utilizado en diversas formas por autores como Étienne Cabet ou Louis Blanc. Popularizouse especialmente no ideario do socialismo utópico e posteriormente no pensamento anarquista. Foi retomado por Karl Marx na súa Crítica do Programa de Gotha, obra póstuma publicada en 1891, para formular o principio polo que se rexería a «fase superior» da «sociedade comunista». A «primeira fase» estaría definida polo principio «a cada cal segundo o seu achegue».

HistoriaEditar

Karl Marx escribiu en 1875 a súa "Crítica do Programa de Gotha" (Die Kritik des Gothaer Programms), dirixida ao Partido Socialista Obrero de Alemaña (Sozialistische Arbeiterpartei Deutschlands, SADP), fundado pouco antes. Porén, non foi publicada até dezaseis anos despois.[1] Dita crítica centrábase en dous asuntos esenciais: a forma como se expuña a distribución do produto nacional e a súa concepción do Estado.

En canto ao primeiro, Marx propuña que a «primeira fase» da «sociedade comunista» se rexese polo principio «a cada cal segundo a súa achega», porque a mesma «aínda aparece co selo da vella sociedade [capitalista] de cuxas entrañas procede». Este principio, con todo, non aseguraba a igualdade, pois as capacidades das persoas non eran as mesmas, nin tampouco a súa situación familiar, polo que unhas recibirían máis cás outras. Por iso, Marx propuña que na «fase superior da sociedade comunista» o principio que debía aplicarse fose: «De cada cal segundo as súas capacidades, a cada cal segundo as súas necesidades!».[2]

O parágrafo da Crítica do Programa de Gotha en que se refería a este principio dicía o seguite:[3]

Nunha fase superior da sociedade comunista, cando a escravizadora subordinación do individuo á división do traballo e, con iso, á antítese entre traballo mental e físico desaparecese; cando o traballo se convertese non só en medio de vida, senón na primeira necesidade vital; cando á par co desenvolvemento global do individuo aumentasen as forzas produtivas e os mananciais da riqueza colectiva flúan máis abundantemente, só entón poderá rebasarse na súa totalidade o estreito horizonte do dereito burgués e poderá a sociedade inscribir no seu estandarte: «¡De cada cal segundo as súas capacidades, a cada cal segundo as súas necesidades!».

BibliografíaEditar

  • Droz, Jacques (1984). "Los orígenes de la social-democracia alemana". En Jacques Droz (dir.). Historia general del socialismo. De los orígenes a 1875. Barcelona: Destino. pp. 623 y ss. ISBN 84-233-1305-0. 
  • McLellan, Karl (1977). Karl Marx. Su vida y sus ideas [Karl Marx: His life and Thought]. Barcelona: Crítica. ISBN 84-7423-018-7. 

Véxase taménEditar

  1. Droz 1984, p. 676-677.
  2. McLellan 1977, p. 497-498.
  3. McLellan 1977, p. 498.