Davis é un apelido patronímico orixinario de Inglaterra, que significa fillo de David. É o apelido número 52 máis común no Reino Unido [1]. Aparece por primeira vez entre os séculos XIV e XV, e no ano 1402, atópase á primeira persoa censada con ese apelido no Reino Unido, un home chamado Richard Davis, o cal foi inscrito no rexistro de homes libres da cidade de York (Inglaterra).

De acordo coa enquisa do Censo dos Estados Unidos, o 0,48% da poboación dese país levaba este apelido, sendo así o sétimo apelido máis común [2].

Este apelido con non menos de vinte escudos é a forma en apelido do nome masculino David, que en hebreo significa “Amado de Xehová”.

As variacións ortográficas deste apelido derivaron en Davies, Divies e outros. Este apelido tivo unha grande acollida no país veciño ao Reino Unido, Irlanda, onde se estendeu por todo o país, dando lugar a un gran número de variantes.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar