David Tecwyn Lloyd
David Tecwyn Lloyd, nado en Glan-yr-afon o 22 de outubro de 1914 e finado en Bodelwyddan o 22 de agosto de 1992, foi un educador, crítico literario e escritor galés.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de outubro de 1914 Sir Feirionnydd, Reino Unido |
Morte | 22 de agosto de 1992 (77 anos) |
Datos persoais | |
Educación | Bala Grammar School (en) Bangor University (en) |
Actividade | |
Ocupación | letrado , escritor , pedagogo |
Obra | |
Arquivos en | |
Familia | |
Cónxuxe | Frances Killen |
Traxectoria editar
Naceu nunha pequena aldea preto de Corwen, educouse en Bala e graduouse en lingua galesa na Universidade de Bangor en 1938, tras o que comezou a dar clases para adultos primeiro na WEA de varias localidades, época na que foi editor do xornal dedicado ao mundo rural Cefn Gwlad (1941-1946)[1], e despois nunha institución de Harlech ata que en 1956 deixou o ensino, converténdose en director da editorial Hughes a'i Fab e subeditor do periódico Y Cymro . En 1961 pasou ao departamento de extensión universitaria da Universidade de Aberystwtyth baixo a dirección de Alwyn D. Rees e foi editor da revista da Academia Galesa Taliesin entre 1965 e 1987. Nacionalista e socialista, foi membro do Partido Comunista de Gran Bretaña entre 1939 e 1941.[2]
Obras editar
- Rhyw Ystyr Hud (1944; relatos co sobrenome literario de E.H. Francis Thomas)
- Erthyglau Beirniadol (1946; crítica literaria)
- John Saunders Lewis (1988; biografía)
- Safle'r Gerbydres (1970)
- Lady Gwladys a Phobl Eraill (1971)
- Hyd Eithaf y Ddaear (1972; relatos como E.H. Francis Thomas)
- Bore Da, Lloyd (1980)
- Cymysgadw (1986)