Abrir o menú principal

David Pearce

filósofo británico

David Pearce é un filósofo británico utilitarista negativo, seguidor do transhumanismo e o veganismo.

David Pearce
David Pearce (transhumanist), July 2011.jpg
Nacementoséculo XX
 Reino Unido
Alma máterBrasenose College, Oxford
Ocupaciónautor de diarios
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Pearce é coñecido sobre todo pola súa defensa da idea de que deberíamos traballar en prol da abolición do sufrimento de todos os seres coa capacidade de sentir. Pearce defende que, no futuro, a enxeñaría xenética e a nanotecnoloxía poderán axudar a eliminar as diferentes formas de dor e padecemento psicolóxico espalladas a día de hoxe. Debido ao seu desacordo coa explotación dos animais, e á súa oposición ao especismo, Pearce practica o veganismo e promove esta práctica nos seus escritos e entrevistas. Tamén está a favor de dar axuda aos animais en situación de necesidade, manifestándose a favor da redución do sufrimento dos animais no mundo salvaxe.

Pearce foi un dos fundadores da Asociación Transhumanista Mundial.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar