David Oliveira

político galego

David Higinio Oliveira Barreiro, nado en Vilagarcía de Arousa, é un político galego de Ciudadanos.

David Oliveira
Nacementoséculo XX
 Vilagarcía de Arousa
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Natural de Vilaxoán. Estudou dirección e administración de empresas na Universidade de Santiago de Compostela. Traballa como bateeiro[1]. Fillo do político local Juan José Oliveira Lapido, militou dende novo en Independientes por Vilagarcía[2] e logo entrou a formar parte de Ciudadanos, sendo o presidente da xestora que reactivou o partido na localidade en 2018. Nas eleccións municipais de 2019 o seu partido elixiuno para encabezar a candidatura ao concello de Vilagarcía de Arousa[3] e entrou na corporación municipal como único concelleiro da súa formación.

NotasEditar