David Malouf
David Malouf, nado en Brisbane o 20 de marzo de 1934, é un escritor australiano que cultivou principalmente a novela, aínda que tamén ten contos, poemarios, ensaios, libretos e obras de teatro.
David Malouf | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 20 de marzo de 1934 |
Lugar de nacemento | Brisbane |
Nacionalidade | Australia |
Alma máter | Universidade de Queensland |
Ocupación | escritor, novelista, poeta, libretista e dramaturgo |
Premios | Commonwealth Writers' Prize, Premio Femina étranger, Miles Franklin Literary Award, Neustadt International Prize for Literature, Australian National Living Treasure, membro da Royal Society of Literature e honorary doctor of the University of Sydney |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Malouf é fillo dun pai libanés cristián e unha nai inglesa xudía de ascendencia sefardí-portuguesa.[1]
Graduouse na Universidade de Queensland en 1955. Viviu en Inglaterra; Toscana, Italia; e Sydney, onde deu clases na universidade do mesmo nome.
A súa obra trata de temas da historia, a sociedade e as paisaxes de Australia.
Os primeiros libros que publicou foron poemarios, pero empezou a ser coñecido despois da súa primeira novela, Johnno (1975), un relato semiautobiográfico dun mozo que creceu en Brisbane durante a segunda guerra mundial. An Imaginary Life (1978) "consagrouno definitivamente como unha das voces de referencia do continente".[2]
En 2008 foi elixido membro da Royal Society of Literature.
Malouf é abertamente gai e reside en Italia dende 1977.[3][4]
NotasEditar
- ↑ Winston Manrique Sabogal. El secreto de Aquiles, El País, 15.05.2012; acceso 17.05.2012
- ↑ Biografía en la página de la editorial Libros del Asteroide Arquivado 26 de xullo de 2018 en Wayback Machine.; acceso 17.05.2012
- ↑ Xavier Pons. Homoerotiscim in David Malouf's Fiction, 2009, en inglés; acceso 09.08.2013
- ↑ "Malouf en The 25 Most Influential Gay and Lesbians Australians". Arquivado dende o orixinal o 06 de outubro de 2013. Consultado o 26 de xullo de 2018.
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Giffuni, Cathe. "The Prose of David Malouf", Australian & New Zealand Studies in Canada, No. 7 de xuño de 1992.