Abrir o menú principal

David Belasco, nado en San Francisco o 25 de xullo de 1853 e finado o 14 de maio de 1931, foi un dramaturgo e director, produtor e empresario teatral estadounidense.

David Belasco
David Belasco, circa 1898-1916.jpg
David Belasco entre 1898-1916
Nacemento25 de xullo de 1853
 San Francisco, California
Falecemento14 de maio de 1931 (77 anos)
 Nova York, Estado de Nova York
SoterradoLinden Hill Jewish Cemetery
NacionalidadeEstados Unidos de América Estados Unidos
OcupaciónProdutor e director de teatro
CónxuxeCecilia Loverich (1880–1931, até a morte del)
IrmánsFred Belasco
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Belasco, nado en San Francisco, procedía dunha familia de xudeus sefardís procedentes de Londres que se asentaran en California durante a febre do ouro. De mozo comezou a traballar nun teatro da cidade onde fixo de case todo, desde rapaz de recados, copiar escritos ata actuar e dirixir. En 1882 trasladouse a Nova York onde foi director de escena do Madison Square Theater ó tempo que escribía as súas propias obras teatrais. Para 1895 tivera tanto éxito que se puido converter en produtor independente.

Durante a súa longa carreira, de 1884 a 1930, Belasco escribiu, dirixiu e produciu máis de 100 pezas para Broadway, entre as que salientan Hearts of Oak, The Heart of Maryland e Du Barry. Non obstante as súas máis coñecidas producións foron a adaptación da ópera de Giacomo Puccini, Madame Butterfly para o teatro e The Girl of the Golden West da que o propio Puccini realizou unha versión operística, La fanciulla del West. Realizáronse aproximadamente corenta filmes adaptando as súas obras, entre o que se inclúe Seven Chances de Buster Keaton.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar