David Albahari
David Albahari, nado en Peć (Kosovo) o 15 de marzo de 1948 e finado en Belgrado o 30 de xullo de 2023,[1] foi un escritor serbio.
Nome orixinal | (sr) Давид Албахари |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 15 de marzo de 1948 Peć (República Federal Socialista de Iugoslavia) |
Morte | 30 de xullo de 2023 (75 anos) Belgrado (Serbia) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | República Federal Socialista de Iugoslavia (–1992) Serbia (1992–) |
Educación | University of Belgrade Faculty of Philology (en) - filoloxía inglesa Zemun Gymnasium (en) University of Belgrade Faculty of Philosophy (en) Universidade de Belgrado (pt) |
Actividade | |
Campo de traballo | Actividade literaria e actividade tradutora |
Ocupación | tradutor , lingüista , escritor |
Período de actividade | 1973 - |
Membro de | |
Xénero artístico | Poesía |
Influencias | |
Lingua | Lingua inglesa e lingua serbia |
Familia | |
Fillos | Natan Albahari (en) |
Premios
| |
Traxectoria editar
Nado nunha familia xudía sefardí cuxa lingua é o serbocroata. Máis tarde, viviu en Zemun preto de Belgrado. Logo dos seus estudos de lingua e literatura anglo-americana, comezou unha carreira como escritor en 1973 e fíxose coñecido grazas ás novelas posmodernas ao estilo de Danilo Kis.
Fuxiu do país en 1994 e pasou a vivir en Calgary (Canadá), onde continuou escribindo en serbio. Residiu alí ata 2012 en que volveu a Belgrado.
Publicou oito novelas e oito libros de contos, algúns dos cales traducidos en doce linguas. A súa novela A descrición da morte gañou o premio Ivo Andrić en 1983. Tamén traduciu as obras de moitos escritores ingleses ao serbio.
Obras editar
- Sudija Dimitrijević, 1978.
- Cink, 1988.
- Kratka knjiga, 1993.
- Snežni čovek, 1995.
- Mamac, 1996.
- Mrak, 1997.
- Götz e Meyer, 1998 (Gec i Majer, traducida ao galego por Jairo Dorado Cadilla, 2010).
- Svetski putnik, 2001.
- Pijavice, 2006.
- Marke, 2006.
- Ludvig, 2007.
- Brat, 2008.
Notas editar
- ↑ "Preminuo književnik David Albahari". N1. 30 de xullo de 2023. Consultado o 30 de xullo de 2023.