Darnell Jackson

baloncestista estadounidense

Darnell Edred Jackson, nado o 7 de novembro de 1985 en Oklahoma City, Oklahoma, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense que xoga no PAOK BC grego. Mide 2,06 metros de altura e xoga nas posicións de ala-pivote e pivote.

Darnell Jackson
PAOK  – No. 21
Información persoal
Nacemento 7 de novembro de 1985 (38 anos)
Oklahoma City, Oklahoma
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 2,06 m (6 ft 9 in)
Peso oficial 115 kg (256 lb)
Posición Ala-pivote / Pivote
Liga A1 Ethniki
Información da carreira
Instituto Midwest City
(Midwest City, Oklahoma)
Universidade Kansas (2004–2008)
NBA Draft 2008 / Rolda: 2 / Elección: 52
Por Miami Heat
Carreira dende 2008
Historial de equipos
Cleveland Cavaliers (2008–2010)
Erie BayHawks (2009–2010)
Milwaukee Bucks (2010)
Sacramento Kings (2010–2011)
BC Donetsk (2011–2012)
Reno Bighorns (2012–2013)
Xinjiang Flying Tigers (2013)
Reno Bighorns (2013)
Shanghai Sharks (2013–2014)
Meralco Bolts (2014)
Westchester Knicks (2014–2015)
Anhui Wenyi (2015)
Yeşilgiresun Belediye (2015–2016)
Marinos de Anzoátegui (2016)
Rosa Radom (2016–2017)
Boulazac Basket Dordogne (2017)
PAOK (2017–presente)

Traxectoria deportiva editar

Universidade editar

Non foi até o noveno grao cando comezou a xogar a baloncesto.[1] Tralo seu paso polo instituto xogou durante catro tempadas cos Jayhawks da Universidade de Kansas, aínda que até o último ano non se fixo cun oco no cinco titular. Na súa primeira tempada tan só fixo 2 puntos e 1,7 rebotes por partido.[2] No seu segundo ano en Kansas subiu a súa achega, xogando algo máis de quince minutos por partido, pero mediada a tempada foi suspendido pola NCAA por nove partidos, tras aceptar diñeiro de Don Davis, un afeccionado dos Jayhawks e amigo da familia, algo completamente prohibido na liga universitaria.[3] Este feito foi só unha parte do mal ano que pasou Jackson, xa que a súa avoa morreu atropelada por un condutor bébedo a principios de 2005. Dende entón, cando anota unha canastra golpéase tres veces no peito simbolicamente, unha pola súa avoa, outra pola súa nai e outra por Don Davis.[4] Unha vez regresou ás canchas, fixo o seu mellor partido ante Iowa State, ao conseguir 13 puntos e 8 rebotes.[5]

Na súa tempada júnior foi o terceiro mellor reboteador do equipo, tras ter unha media de 5,1 por partido.[1] Conseguiu o primeiro dobre-dobre da súa carreira tras lograr 10 puntos e 10 rebotes ante Oral Roberts no segundo partido da tempada,[6]

Xa na súa tempada sénior foi elixido no terceiro mellor quinteto da Big 12 Conference e no mellor quinteto de xogadores máis mellorados.[2] Foi titular nos últimos 35 partidos, sendo o máximo reboteador do equipo con 267 rexeitamentos.[1] Bateu o seu récord anotador ante Boston College, ao conseguir 25 puntos, aos que engadiu 9 rebotes e 2 roubos de balón.[7] Acabou a tempada cunha media de 11,2 puntos e 6,7 rebotes por partido. No total da súa andaina como universitario fixo 6,8 puntos e 4,9 rebotes de media.[8]

Profesional editar

Foi elixido na quincuaxésimo segunda posición do Draft da NBA de 2008 por Miami Heat, mais os seus dereitos foron case inmediatamente traspasados a Cleveland Cavaliers, equipo polo que asinou contrato en setembro de 2008.[9] Previamente disputara a liga de Verán que se celebrou en Las Vegas, onde en 5 partidos fixo 5,8 puntos e 5,4 rebotes en 24,6 minutos de xogo.[10] O 23 de marzo de 2010 foi cortado polos Cavaliers para facer sitio no equipo a Zydrunas Ilgauskas, e logo contratado por Milwaukee Bucks, aínda que permaneceu inactivo. Co comezo da tempada 2010-11 asinou con Sacramento Kings.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 "Darnell Jackson Bio". Arquivado dende o orixinal o 16 de febreiro de 2008. Consultado o 10 de abril de 2010. 
  2. 2,0 2,1 "Darnell Jackson Prospect Profile". Arquivado dende o orixinal o 23 de marzo de 2009. Consultado o 10 de abril de 2010. 
  3. Kansas F Jackson suspended nine games
  4. Straight from the heart
  5. Kansas vs. Iowa State - Box Score - January 28, 2006
  6. Oral Roberts vs. Kansas - Box Score - November 15, 2006
  7. Kansas vs. Boston College - Box Score - January 05, 2008
  8. Ficha de Jackson en TDR
  9. "Cavaliers sign forward Darnell Jackson". Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2008. Consultado o 23 de agosto de 2018. 
  10. "Ficha de Jackson nas ligas de Verán". Arquivado dende o orixinal o 25 de agosto de 2008. Consultado o 10 de abril de 2010. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar