Darius Thompson

baloncestista estadounidense

Darius Jamar Thompson, nado o 4 de maio de 1995 en Murfreesboro, Tennessee, é un xogador estadounidense de baloncesto profesional que xoga no Anadolu Efes SK da Basketbol Süper Ligi turca.

Darius Thompson
Anadolu Efes
Información persoal
Nacemento 4 de maio de 1995 (28 anos)
Murfreesboro, Tennessee
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 1,93 m (6 ft 4 in)
Peso oficial 89 kg (196 lb)
Posición Base
Información da carreira
Instituto Blackman
(Murfreesboro, Tennessee)
Universidade Tennessee (2013–2014)
Virginia (2015–2017)
Western Kentucky (2017–2018)
NBA Draft 2018 / Elección: Sen draftear
Carreira dende 2018
Historial de equipos
ZZ Leiden (2018–2019)
New Basket Brindisi (2019–2021)
Lokomotiv Kuban (2021–2022)
Baskonia (2022–2023)
Baskonia (2023–presente)

Traxectoria profesional editar

Tras non ser escollido no Draft da NBA de 2018, en agosto de 2018 Thompson asinou un contrato dun ano co ZZ Leiden da Dutch Basketball League.[1] A final de tempada, Thompson foi elixido como mellor xogador da tempada da DBL.[2]

O 23 de xullo de 2019, Thompson asinou un contrato dun ano con opción a outro máis co New Basket Brindisi da Lega Basket Serie A e da Basketball Champions League.[3]

O 1 de xullo de 2021, tras dúas tempadas no Brindisi, Thompson asinou co PBC Lokomotiv Kuban da VTB United League.[4]

O 12 de agosto de 2022, Thompson asinou un contrato por dúas tempadas co Saski Baskonia da Liga ACB.[5]

O 7 de xullo de 2023, Thompson asinou un contrato de dous anos con opción a un terceiro co Anadolu Efes SK turco.[6]

Notas editar

  1. "Darius Thompson naar ZZ Leiden". Unity NU is de nieuwssite voor de regio Leiden [www.unity.nu]. Consultado o 18 de decembro de 2018. 
  2. "Darius Thompson is MVP van de DBL". basketballleague.nl. Arquivado dende o orixinal o 25 de abril de 2019. Consultado o 26 de abril de 2019. 
  3. "Il top scorer Darius Thompson alla corte della Happy Casa Brindisi". 23 de xullo de 2019. Consultado o 24 de xullo de 2019. 
  4. "«Локо» подписал контракт с Дариусом Томпсоном". lokobasket.com. 1 de xullo de 2021. 
  5. "Darius Thompson, pieza de valor para Cazoo Baskonia". ACB.com. 12 de agosto de 2022. Consultado o 12 de agosto de 2022. 
  6. "Darius Thompson will replace Vasilije Micic in Efes". basketnews.com (en inglés). 2023-07-05. Consultado o 2023-07-05. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar