Danijela Štajnfeld
Danijela Štajnfeld, nada en Ruski Krstur en 1984 é unha actriz e directora de cinema serbia.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1984 ![]() Ruski Krstur, Serbia (en) ![]() ![]() |
Educación | University of Arts in Belgrade (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | actriz, directora de cinema, produtora ![]() |
![]() ![]() |
Traxectoria
editarDe pai xudeu e nai rutena, naceu na capital cultural dos rutenos de Voivodina e o ruteno foi a súa lingua materna[1], e ademais de serbio fala hebreo[2] e inglés. Estudou na facultade de arte dramática de Belgrado e diplomouse en 2008 na clase do profesor Dragan Petrović. Traballou no teatro e xa antes de se graduar debutou no cinema cun pequeno papel en 2005 no filme Mi nismo anđeli 2 e tamén nese ano apareceu cun papel máis relevante en Ivkova slava. En 2007 protagonizou con Milan Vasić a serie de televisión Ono naše što nekad bejaše e seguiu a traballar principalmente na televisión ata que no ano 2015 protagonizou o suspense albano-americano, Cash Only. Residente nos Estados Unidos[3] en 2020 dirixiu o documental producido por Mike Lerner Hold me right sobre o impacto de violacións e agresións sexuais en vítimas e agresores na época do movemento #metoo, a mesma Danijela afirmou que fora tamén vítima de agresión sexual por parte dunha coñecida figura da industria fílmica do seu país e fora a razón pola que deixara Serbia [4].
Notas
editar- ↑ Bojana Jovanović. "Zdravlje se budi među kokama!". Bilje i Zdravlje.
- ↑ "Promenila se! Pevali su joj serenadu u Ivkovoj slavi, a ovako danas izgleda prelepa glumica". Pink.
- ↑ "Svet Plus: Danijela Štajnfeld" Svetplus.com, 16 de agosto de 2020
- ↑ "Danijela Stajnfeld on Examining the Impact of Sexual Assault in ‘Hold Me Right’". Variety. 16 de agosto de 2020.