Daniel M. Tani
astronauta estadounidense
(Redirección desde «Daniel Tani»)
Daniel M. Tani, nado en Ridley Park, Pensilvania, o 1 de febreiro de 1961, é un astronauta estadounidense retirado que formou parte das misións STS-122, STS-108 e STS-120 e foi membro da Expedición 16 á Estación Espacial Internacional.[1][2]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de febreiro de 1961 (63 anos) Ridley Park, Estados Unidos de América (pt) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Educación | Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts Glenbard East High School (en) |
Actividade | |
Ocupación | astronauta , enxeñeiro |
Empregador | NASA, astronauta |
Tempo no espazo | 131 días, 18 horas e 5 minutos |
Misión do astronauta | |
Premios | |
Traxectoria
editarTani graduouse en enxeñaría mecánica polo Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts en 1984 e é máster na mesma materia pola mesma institución en 1988.[1][2]
Foi seleccionado como astronauta pola NASA en abril de 1996, participando nas misións STS-122, STS-108 e STS-120 e sendo membro da Expedición 16 á Estación Espacial Internacional. Pasou un total de 131,75 días no espazo.[1][2]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2022). "Tani, Daniel Michio" (en inglés). Consultado o 25 de xaneiro de 2022.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 NASA, ed. (agosto de 2012). "DANIEL M. TANI NASA ASTRONAUT (FORMER)" (PDF) (en inglés). Consultado o 25 de xaneiro de 2022.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Daniel M. Tani |