Abrir o menú principal

Daniel Pedrosa Loureiro

futbolista español

Daniel Pedrosa Loureiro, coñecido como Dani Pedrosa nado en Ribadeo (A Mariña) o 4 de setembro de 1996, é un futbolista galego que actualmente xoga de dianteiro no CCD Cerceda da Segunda División B cedido polo Club Deportivo Lugo.

Dani Pedrosa
Información persoal
Nome completo Daniel Pedrosa Loureiro
Nacemento 4 de setembro de 1996 (23 anos)
  Ribadeo
Nacionalidade España
Altura 1,81 m
Posición Dianteiro
Información de club
Club actual Somozas
Carreira xuvenil
Ribadeo
2009-2015 Lugo
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2014– Lugo 1 (0)
2016–2017Somozas (ced.) 38 (1)
2017–2018Cerceda (ced.)

* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)
‡ Actualizado a 27 de xaneiro de 2016

editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Nado en Ribadeo, foi formado nas categorías inferiores do Club Deportivo Lugo. Debuta co primeiro equipo o 16 de outubro de 2013, tras saír en substitución do seu tamén compañeiro do xuvenil Keko Vilariño na derrota do club galego por 1-0 ante o Recreativo de Huelva nun encontro de Copa do Rei no Nuevo Colombino. Algo máis dun ano despois debutaría na Segunda División, saíndo ao Anxo Carro o 31 de maio de 2015 como titular ante o Albacete Balompié, nun encontro que remataría con empate 1-1. O 27 de xaneiro de 2016 foi cedido até final de temporada ao Somozas da Segunda División B.[1]

ClubsEditar

Club Categoría Ano PX Goles
Lugo Segunda 2014–2015 1 0
Lugo Segunda 2015–2016 0 0
Somozas Segunda B 2016 11 1
Somozas Segunda B 2016−2017 27 0

NotasEditar

  1. "Keko e Dani Pedrosa, cedidos ao Somozas". El Progreso. 27 de xaneiro de 2016. 

Véxase taménEditar