Dani Iglesias

futbolista español
(Redirección desde «Daniel Iglesias Gago»)

Daniel Iglesias Gago, nado en Santiago de Compostela o 18 de agosto de 1995, é un futbolista galego. Xoga de dianteiro no ŠKF Sereď de Eslovaquia.

Dani Iglesias
Información persoal
Nome Daniel Iglesias Gago
Nacemento 18 de agosto de 1995 (28 anos)
Lugar de nacemento Santiago de Compostela
Altura 1.73 m.
Posición Dianteiro
Información de club
Club actual ŠKF Sereď
Número 20
Carreira xuvenil
2007–2013 Deportivo da Coruña
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2012–2015 Fabril 80 (25)
2013 Deportivo da Coruña 1 (0)
2015–2019 Alavés B 51 (9)
2015–2016Guadalajara (cedido) 33 (7)
2018–2019Istra 1961 (cedido) 22 (1)
2019–2021 Rijeka 12 (0)
2021Spartak Trnava (cedido) 11 (0)
2021– ŠKF Sereď 24 (0)
Selección nacional
2011 España sub-16 3 (4)
2012 España sub-17 2 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 8 de xullo de 2022.
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Ingresou na canteira do Deportivo da Coruña en 2007, con 12 anos.[1] Avanzou polas diferentes categorías do club e na tempada 2012/13 debutou co filial, o Fabril, na Terceira División, alternando co equipo xuvenil. Esa campaña participou en 14 partidos co filial e logrou 5 goles.

Na tempada 2013/14 debutou co primeiro equipo do Deportivo da Coruña en Segunda División, no encontro da segunda xornada en Riazor ante o Córdoba (0–1), substituíndo a Álex Bergantiños. Xogou outros dous partidos esa tempada co equipo adestrado por Fernando Vázquez, correspondentes á Copa do Rei.

Continuou no Fabril ata o final da tempada 2014/15, acumulando un total de 80 partidos e 24 goles. O 31 de xullo de 2015 anunciouse a rescisión do seu contrato co Deportivo da Coruña, despois de oito anos na estrutura do club.[2]

Días máis tarde firmou por catro temporadas co Deportivo Alavés, de Segunda División.[3] Na súa primeira tempada foi cedido CD Guadalajara de Segunda División B,[4] co que disputou 33 partidos e anotou 7 goles. Nas dúas seguintes tempadas xogou co filial do equipo vasco, o Alavés B, na Terceira División, e na 2018/19 foi cedido ao Istra 1961 de Croacia, xunto a Adrián Fuentes, Einar Galilea e Ioritz Landeta.[5] Disputou 22 partidos na Prva HNL, 2 deles na fase de permanencia na que o equipo salvou a categoría ante o Šibenik.

En 2019 foi traspasado ao Rijeka, co que xogou un total de 14 partidos durante a súa primeira tempada, rematando a liga na terceira posición, por detrás do Dinamo Zagreb e do Lokomotiva.[5] Co equipo croata debutou na Europa League, nun partido ante o Aberdeen, e disputou tres partidos na competición europea. Comezou a seguinte tempada en Rijeka pero ante a falta de minutos, foi cedido en febreiro ao Spartak Trnava eslovaco, co que xogou ata o final da campaña, disputando 10 partidos da liga eslovaca (rematando cuarto) e dous da Copa.[6]

En 2021 foi traspasado ao ŠKF Sereď, tamén de Eslovaquia, co que rematou a liga na quinta posición, pero o club foi descendido dúas categorías administrativamente.

Notas editar

  1. "Dani Iglesias deja el Deportivo" (en castelán). 1 de agosto de 2015. Consultado o 8 de xullo de 2022. 
  2. "El Deportivo y Dani Iglesias llegan a un acuerdo para la rescisión de su contrato". Deportivo da Coruña (en castelán). 31 de xullo de 2015. Consultado o 8 de xullo de 2022. 
  3. "Dani Iglesias jugará en el Alavés". La Voz de Galicia (en castelán). 2015-08-11. Consultado o 2020-02-06. 
  4. "Dani Iglesias se marcha cedido al CD Guadalajara". deportivoalaves.com (en castelán). 01 de setembro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 01 de setembro de 2015. Consultado o 11 de setembro de 2015. 
  5. 5,0 5,1 Fuentes, Luis (16 de xullo de 2019). "El Alavés traspasa a Dani Iglesias al Rijeka de Croacia". Mundo Deportivo (en castelán). Consultado o 8 de xullo de 2022. 
  6. De la Fuente, Óscar (21 de xuño de 2021). "En busca de un nuevo desafío tras probar la locura eslovaca" (en castelán). Consultado o 8 de xullo de 2022. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar