Daniel Freire

actor arxentino

Daniel Freire, nado en Buenos Aires o 29 de decembro de 1961, é un actor arxentino coñecido principalmente polo seu papel na serie de televisión Doctor Mateo, onde interpretaba a Tom, o dono da taberna de San Martín del Sella, localidade ficticia onde transcorre a historia. Tamén é coñecido polo seu papel de Aquilino, na serie de televisión Amar es para siempre.[1]

Modelo:BiografíaDaniel Freire
Biografía
Nacemento29 de decembro de 1961 Editar o valor en Wikidata (62 anos)
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1993 Editar o valor en Wikidata -
Familia
CónxuxeAlberto Vázquez Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm0293842 Allocine: 73223 Allmovie: p297015 BNE: XX1513802 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

O seu debut no cinema produciuse por primeira vez no ano 1993, cun papel no filme arxentino Un muro de silencio. No ano 1999 decidiu viaxar até Madrid, onde comezou a residir permanentemente. A partir de entón, obtivo diversos papeis en numerosos filmes, series e curtametraxes, entre eles Las Aventuras de Diós (2000) onde interpretaba a Xesucristo; ou Lucía y el sexo, dirixido por Julio Médem. En canto a series de televisión, salientan dous importantes papeis: no ano 2005 interpretou a Daniel Canalda en Motivos personales e en 2011 pasou a formar parte do elenco de Doctor Mateo, onde obtivo o papel do roqueiro taberneiro de San Martín del Sella, Tom Pellegrini.