Daniel Carballo Codesido
Daniel Carballo Codesido, marqués de Barbanzón, nado na Coruña o 14 de marzo de 1824 e finado en Madrid o 29 de decembro de 1889[1], foi un escritor, xornalista e político galego.
Daniel Carballo Codesido | |
---|---|
Nacemento | 14 de marzo de 1824 |
A Coruña | |
Falecemento | 29 de decembro de 1889 |
Madrid | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | xornalista, escritor e político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Fai os primeiros estudos na Coruña e despois foi estudar leis á Universidade de Santiago de Compostela. En 1846 instalouse en Madrid, dedicándose ao xornalismo. Foi redactor do Boletín Oficial del Ministerio de Comercio e do periódico El Fomento e director do periódico madrileño La Nación. Militou na Unión Liberal, foi elixido deputado polo distrito da Coruña en 1854 e 1858, polo distrito de Xinzo de Limia en 1865, novamente polo da Coruña en 1869, polo de Betanzos en 1871 e 1872 e polo distrito de Ortigueira en 1876 e 1879. Foi director xeral de Sanidade (1865) Gobernador civil de Madrid, Director Xeral de Facenda e das Minas de Río Tinto en Huelva.
Vida persoalEditar
Casou con Luisa de Prat, marquesa de Barbançon.
RecoñecementosEditar
Polos logros obtidos para a cidade da Coruña, a Reunión Recreativa e Instructiva de Artesanos presidida por José Soto González construíulle un monumento nos Xardíns de Méndez Núñez da autoría de Agustín Querol, que se inaugurou o 30 de agosto de 1896.
NotasEditar
- ↑ Necrolóxica en La Correspondencia de España, 4-1-1890, p. 4.
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Dicionario biográfico de Galicia. Ir Indo Edicións. 2010-2011.
- Daniel Carballo Cousido. Un prócer en el olvido