Daniel Brandenstein

Astronauta estadounidense

Daniel Charles Brandenstein é un piloto de probas e astronauta estadounidense retirado que participou nas misións STS-8, STS-51-G, STS-32 e STS-49. Pasou un total de 32,88 días no espazo.[1]

Daniel Brandenstein
Datos persoais
Nacemento17 de xaneiro de 1943
LugarWatertown
NacionalidadeEstadounidense
Actividade
MisiónsSTS-8, STS-51-G, STS-32 e STS-49
Tempo no espazo32,88 días
PremiosCruz de Voo Distinguido, Lexionario da Lexión do Mérito, Medalla do Aire, Salón da Fama dos Astronautas dos Estados Unidos e Medalla de Servizo Distinguido da NASA
editar datos en Wikidata ]

Biografía editar

Brandenstein naceu o 17 de xaneiro de 1943 en Watertown, Wisconsin. É graduado en matemáticas e física pola Universidade de Wisconsin en 1965. Está casado con Jane A. Wade e ten unha filla.[1]

Foi seleccionado pola NASA en xaneiro de 1978 e pasou a ser astronauta oficialmente en agosto de 1979. Foi CAPCOM e membro da tripulación de soporte para as misións STS-1 e STS-2. Formou parte da tripulación das misións STS-8, STS-51-G, STS-32 e STS-49.[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2018). "Brandenstein, Daniel Charles" (en inglés). Consultado o 19 de agosto de 2018. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar