Daniel Anguiano
Daniel Anguiano Mangado, nado en Haro o 11 de decembro de 1882 e finado en México DF o 12 de agosto de 1963, foi un político e sindicalista socialista e comunista español.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Daniel Anguiano Mangado ![]() 11 de decembro de 1882 ![]() Haro, España ![]() |
Morte | 11 de xullo de 1969 ![]() Cidade de México ![]() |
![]() | |
7 de abril de 1918 – 2 de maio de 1919 Circunscrición electoral: Valencia Electo en: Eleccións Xerais 1918 en España | |
![]() | |
1 de xaneiro de 1916 – 1 de xaneiro de 1918 Circunscrición electoral: Hospital | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid ![]() |
Ocupación | político, sindicalista ![]() |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español Partido Comunista de España ![]() |
Membro de | |
![]() |
Traxectoria
editarNado en Haro o 11 de decembro de 1882,[1] Anguiano, que militara previamente no Partido Republicano Federal, ingresou no Partido Socialista Obreiro Español en 1905.[2]
Ferroviario, ingresou axiña na Unión Xeral de Traballadores, sendo activo participante na folga xeral de 1917 que finalizou cunha dura represión por parte das forzas de seguridade. Detido xunto a Largo Caballero, Andrés Saborit e Julián Besteiro, foi condenado a cadea perpetua e recluído no penal de Cartaxena. Nese tempo era tamén Vicesecretario do PSOE. Tras ser elixido deputado en 1918, foi excarcerado.
Gerald H. Meaker sinala que, aínda que era «admirado polo seu carácter», Anguiano dispuña de escasas calidades como orador.[3]
Durante a súa viaxe á conferencia da Segunda Internacional que se celebraría en Rotterdam en 1920, foi sorprendido pola policía holandesa en posesión dunha carta na que se solicitaba financiamento ó Comintern para difundir propaganda tercerista en España, e detido en consecuencia.[4] Participou, xunto a Fernando de los Ríos, na comisión enviada polo Partido Socialista Obreiro Español a Rusia no mesmo ano 1920 para avaliar a incorporación ou non á Internacional comunista.[5] No seu informe posterior —en contraposición a De los Ríos— ofreceu un informe en xeral positivo, salvo algunha reserva, do visto na Rusia soviética.[3]
O Congreso do PSOE de 1921 rexeitou as teses de Anguiano, o que supuxo a creación do Partido Comunista Obreiro Español, ó que se incorporou, o cal confluiría pouco despois no Partido Comunista de España.
Despois da guerra civil exiliouse en Francia para, despois dun longo periplo por Europa e América, rematar os seus días en México.
Faleceu en México DF o 12 de agosto de 1963.
Notas
editar- ↑ "Anguiano Mangado, Daniel". Diccionario Biográfico del Socialismo Español. Fundación Pablo Iglesias. Arquivado dende o orixinal o 27 de xaneiro de 2018. Consultado o 26 de xaneiro de 2018.
- ↑ Amodia 1995, pp. 23-24.
- ↑ 3,0 3,1 Meaker 1974, p. 302.
- ↑ Heywood 1990, p. 72.
- ↑ Avilés Farré 2000, p. 24.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Amodia, José (1995). En: A. T. Lane (Ed.). "Anguiano Mangado, Daniel". Biographical Dictionary of European Labor Leaders (en inglés) 1: 23–24. ISBN 0-313-29899-8.
- Avilés Farré, Juan (2000). "El impacto de la revolución rusa en las organizaciones obreras españolas (1917-1923)". Espacio, tiempo y forma. Serie V, Historia contemporánea (13): 17–32. ISSN 1130-0124.
- Heywood, Paul (1990). Marxism and the Failure of Organised Socialism in Spain, 1879-1936 (en inglés). Cambridge University Press. ISBN 0-521-37492-8.
- Meaker, Gerald H. (1974). The Revolutionary Left in Spain, 1914-1923 (en inglés). Stanford University Press. ISBN 0-8047-0845-2.