Abrir o menú principal

Damaliscus lunatus

Damaliscus lunatus
Antílope sasabi
Tsessebe (Botswana).jpg
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Orde: Artiodactyla
Suborde: Ruminantia
Infraorde: Pecora
Familia: Bovidae
Subfamilia: Alcelaphinae
Tribo: Alcelaphini
Xénero: Damaliscus
Especie: D. lunatus
Nome binomial
Damaliscus lunatus
Burchell, 1823
Distribución das subespecies de Damaliscus lunatus

Distribución das subespecies de
Damaliscus lunatus
Subespecies
Véxase o texto

Damaliscus lunatus,[1] coñecido vulgarmente como antílope sasabi ou, simplemente, sasabi,[2] é unha especie de mamífero artiodáctilo ruminante da familia dos bóvidos, subfamilia dos alcelafinos e tribo dos alcelafininos.

É un antílope de tamaño grande estreitamente relacionado co topi e co damalisco de fronte branca ou bontebok, cos que comparte xénero.

Habita nas sabanas e planicies inundábeis de varias rexións da África central, oriental e meridional.[3]

TaxonomíaEditar

A especie foi descrita por primeira vez en 1824 polo naturalista e explorador británico William John Burchell, na súa obra Travels in Interior of Southern Africa, 2: 334.[1]

SubespeciesEditar

Dentro da especie Damaliscus linatus, a UICN recoñece as seguintes seis subespecies:[4]
(Véxase a súa distribución á dereita, no mapa da caixa da clasificación científica)

  • D. l. jimela (Matschie, 1892)
  • D. l. korrigum (Ogilby, 1837) - Admitida como Damaliscus korrigum por MSW.[5]
  • D. l. lunatus (Burchell, 1824)
  • D. l. superstes Cotterill, 2003 - Admitida como D. superstes por MSW.[6]
  • D. l. tiang (Heuglin, 1863)
  • D. l. topi Blaine, 1914

Antigamente tamén se incluía Damaliscus lunatus hunteri, hoxe clasificada como especie independente, e noutro xénero, Beatragus hunteri, o antílope de Hunter ou damalisco de Hunter.

CaracterísticasEditar

As principais características físicas do antílope sasabi son:[7]

  • Antílope grande cos trazos típicos dos damaliscos.
  • Altura na curz, 120 cm; peso, de 135 a 150 kg.
  • Coloración xeral parda avermellada escura, cunha tonalidade purpúrea.
  • A parte dianteira da cara, case negra.
  • A parte inferior dos ombros, as cadeiras e as patas até os xeonllos e as abeacas, de cor moi escura, case negra.
  • Cornos (presentes en ambos os sexos), de 40 a 47 cm, anelados agás nos extremos, curvados suavemente, dobrados cara a fóra, e despois cara a atrás e cara a dentro; cando se ven de fronte, teñen forma de crecente (de aí o nome específico, lunatus).
  • Escaso dimorfismo sexual: as femias só se diferencian dos machos en que son algo menores en tamaño, e teñen os cornos máis finos.

BioloxíaEditar

Hábitat e distribuciónEditar

O seu hábitat son as sabanas, chairas inundábeis e paraxes abertas con manchas dispersas de matogueiras; ás veces pode penetrar nos bosques.[7]

Antigamente o sasabi estendíase ao longo dun amplo terriorio da África subsahariana, desde o Senegal oriental até o sur de Etiopía, polo norte, até o norte de Suráfrica.[8]

Hoxe en día encóntrase principalmente en Angola, Zambia, Namibia, Botswana, Cimbabue, Suacilandia e Suráfrica.[1][3]

CostumesEditar

Non é tan gregario como as outras especies de damaliscos. Vive en pequenos grupos familiares ou en pequenos rabaños de 8 a 10 cabezas, que se poden reunir en mandas maiores, de até os 200 individuos, durante a estación seca. Son exclusivamente herbívoros.[7]

O sasabi é un dos antílopes africanos máis rápidos, e pode alcanzar velocidades de até os 80 km/h.[9]

Poboación e estado de conservaciónEditar

A presenza de Damaliscus lunartus segue a ser xeneralizada en toda a África subsahariana, pero a súa poboación diminuiu substancialmente durante os últimos 100 anos, e está ameazada pola caza para aproveitar a súa carne e pola competencia polos pastos polo gando doméstico. A súa poboación total estímase nuns 300.000 individuos. Ao redor do 25% deles viven en áreas con boa protección e xestión. Porén, os recontos no Sudán do Sur indican que esta estimación debería aumentarse nuns 100.000 máis. As poboaciones noutras zonas parece que están declinando. Porén, non hai evidencias na actualidade que demostren que a diminución global alcanzou o nivel do 20-30% durante tres xeracións (20 anos), o que xustificaría o estado de especie vulnerábel ou algo ameazada, polo que a UICN cualifica ao seu estado como LC (pouco preocupante), aínda que de seguiren os descensos é só unha cuestión de tempo que se alcance un destes niveis.

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 1,2 Wilson, Don E. & Reeder, DeeAnn M., eds. (2005):Damaliscus lunatus en Mammal Species of the World.
  2. Nalgunha bibliografía tamén aparece co nome vulgar de topi, de acordo co seu nom e en inglés, aínda que este nome se aplica máis especificamente á subespecie Damaliscus lunatus korrigum que, en inglés, ademais de topi coñécese como tiang e korrigum.
  3. 3,0 3,1 East, Rod (1988): "African Antelope Database" Occasional Paper of the IUCN Species Survival Commission 21: 200-207.
  4. Damaliscus lunatus na Lista vwermella de especies ameazadas da UICN. Versión 2014.2
  5. Wilson, Don E. & Reeder, DeeAnn M., eds. (2005):Damailscus korrigum en Mammal Species of the World.
  6. Wilson, Don E. & Reeder, DeeAnn M., eds. (2005):Damaliscus superstes en Mammal Species of the World.
  7. 7,0 7,1 7,2 Dorst, J. & Dandelot, P. (1973), pp.229-230,
  8. Dorgeloh, Werner G. (2006). "Habitat Suitability for tsessebe Damaliscus lunatus lunatus". African Journal of Ecology 44: 329–336. doi:10.1111/j.1365-2028.2006.00654.x. 
  9. African Game Guide Hartebeest Tiang Arquivado 18 de maio de 2014 en Wayback Machine..

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Dorst, J. & Dandelot, P. (1973): Guía de campo de los mamíferos salvajes de África, Barcelona: Ediciones Omega, S. A.
  • Groves, Colin & Peter Grubb (2011): 'Tribe Alcelaphini in Wallace, 1876 en Ungulate Taxonomy. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-1-4214-0093-8.
  • Haltenorth, T. & Diller, H. (1986): A Field Guide of the Mammals of Africa including Madagascar. London: William Collins Sons & Co Ltd. ISBN 0-00-219778-2.
  • Rodríguez de la Fuente, F. (1970): Enciclopedia Salvat de la fauna. Tomo I. África (Región etiópica). Pamplona: Salvat, S. A. de Ediciones, pp. 104–114.
  • Wilson, D. E., & Reeder, D. M. (editors) (2005): Mammal Species of the World — A Taxonomic and Geographic Reference. Third edition. ISBN 0-8018-8221-4.

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar