Dalmacio Iglesias García

avogado, xornalista e político español

Dalmacio Iglesias García, nado en Santibáñez el Bajo (Cáceres) o 5 de decembro de 1879 e finado en Barcelona o 13 de xaneiro de 1933, foi un avogado, xornalista e político español.[1][2] Foi elixido deputado a Cortes da Comuñón Tradicionalista nas eleccións xerais de 1910 polo distrito de Girona e destacouse por tratar de separar aos tradicionalistas cataláns da súa alianza coa Lliga Regionalista.

Dalmacio Iglesias García
Dalmacio Iglesias Garcia.jpg
Nacemento5 de decembro de 1879
 Santibáñez el Bajo
Falecemento13 de xaneiro de 1933
 Barcelona
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónpolítico, poeta, xornalista e avogado
PaiAntonio Iglesias Pardo
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Nado en 1879 en Santibáñez el Bajo (provincia de Cáceres), fillo do cirurxián ourensán Antonio Iglesias Pardo, e de María Ascensión García Legond, orixinaria de Santiago de Compostela.[3] Cursou o bacharelato no Instituto de Ourense, obtendo o grao a mérito. Aos catorce anos publicou os seus primeiros artigos e poemas en El Eco de Orense, La Voz Católica, os diarios El Derecho e La Nueva Época e o semanario La Bruja.[4]

Cursou a carreira de dereito na Universidade de Santiago de Compostela, obtenendo o diploma de honra, outorgado polo Goberno ao mellor expediente universitario de cada facultade. Durante a súa su vida de estudante colaborou en El Noroeste, Gaceta de Galicia e El Pensamiento Gallego. Foi un dos redactores da revista literaria Santiago, dirixida polo seu pai. Foi secretario e, despois, presidente do Ateneo Escolar Compostelano e colaborou nos traballos do Ateneo León XIII, distinguindose como apoloxista da Igrexa. Fundou o semanario El Estudiante; foi auxiliar de cátedra do civilista Jacobo Gil Villanueva; obtivo o premio no concurso aberto pola Universidade para a mellor memoria sobre o tema Capacidad jurídica de la mujer casada, según las leyes romanas y españolas; e fíxose notar polos seus estudos sociais, dos que deu algunha conferencia no Círculo Católico de Obreros. Nesa época afiliouse ao partido carlista, comezando a súa amizade con Juan Vázquez de Mella. Obtivo por oposición o premio extraordinario na licenciatura.[4]

Despois pasou a Madrid, onde, ao mesmo tempo que cursou o doutoramento, foi profesor nunha academia privada, deu leccións particulares, publicou un segundo curso de Dereito civil que serviu de texto na Universidade Central de Madrid, e ingresou por oposición no corpo de funcionarios de Facenda. Destinado a Barcelona, dedicouse tamén á avogacía e tomou parte nalgúns procesos sonados, ao mesmo tempo que facía activa propaganda política, na tribuna e na prensa, especialmente en El Correo Catalán.[4]

Non se sumou ao movemento Solidaritat Catalana e combateu os proxectos do Goberno sobre as asociacións relixiosas e o ensino, dando mítins e conferencias en toda Cataluña. Elixido deputado a Cortes por Girona en 1910, pronunciou o mesmo día en que se presentou no Parlamento un discurso condenando os sucesos ocorridos en Barcelona durante a Semana tráxica e defendendo ao Exército, discurso que foi seguido doutro sobre o terrorismo en Barcelona, cuxa distribución nas Ramblas orixinou numerosos incidentes.[4] Entre 1910 e 1913 dirixiu o semanario jaimista barcelonés La Voz de la Tradición.[5]

Tralos sanguentos sucesos de San Feliú de Llobregat entre carlistas e lerrouxistas, defendeu no Congreso aos tradicionalistas das acusacións dos seus adversarios sobre o sucedido. Cando o gabinete Canalejas presentou o proxecto da chamada Lei do Candeado, Dalmacio Iglesias combatiuno, no só no Congreso, senón nunha xira por case todas as rexións españolas. Obtivo para Girona o mercado dominical e a cesión das murallas e baluartes, interveu na discusión das cuestións financieiras e económicosociais, e continuou escribindo na prensa.[4]

Derrotado nas eleccións de 1914, comezou unha campaña encamiñada a libertar o tradicionalismo catalán da tutela da Lliga, para o que publicou un manifesto dirixido a Don Jaime e fundou o periódico El Legitimista Catalán, oposto á liña de El Correo Catalán dirixido por Miguel Junyent. En 1918 foi elixido senador pola provincia de Tarragona e interviu nos debates dos proxectos de lei de funcionarios (no que logrou importantes reformas) e no de reforma das leis xudiciais. Formou parte do Comité rexional de Acción política da Comuñón Tradicionalista e redactou o manifiesto que expuña o programa do partido.[4]

Ao ocorrer a escisión mellista, púxose ao lado de Vázquez de Mella, traballando na organización das forzas tradicionalistas catalás independentes do jaimismo. Na asemblea mellista de Badalona foi elixido vicepresidente primeiro da Junta regional e presidente do Comité e da sección de propaganda das mesmas.[4]

Na década de 1920 chegou a ser xefe de negociado de Facenda.[4] É autor de varias publicacións sobre temas xurídicos e colaborou con José María Planas y Casals nunha obra de Dereito civil, que quedou sen rematar, así como na tradución do alemán do Derecho matrimonial de los Estados europeos y sus colonias. Foi redactor da Enciclopedia Espasa, para a que escribiu os artigos de Dereito romano, Dereito canónico e Facenda pública, a maioría dos correspondentes a Economía e as outras ramas do Dereito, e varios de Historia e Socioloxía, así como diversas seccións do artigo «España».[6]

Foi terciario dominico. Finou en 1933 en Barcelona.[1]

ObrasEditar

Selección de obras escritas:[7]

  • Existencia legal de las Órdenes religiosas en España (inserta na Crónica do VI Congreso Católico Nacional, 1902).
  • Capacidad jurídica de la mujer casada ante el derecho natural (1906).
  • Nociones de administración y contabilidad de la Hacienda pública (1906).
  • Educación y dirección de las nuevas multitudes (1909).
  • Oposiciones al cuerpo de aspirantes a la judicatura y ministerio fiscal: contestación a las preguntas relativas a derecho civil (en colaboración con José Morell y Terry, 1915).
  • Instituciones de Derecho eclesiástico con arreglo al nuevo Código del Derecho canónico (1918).
  • Estudiantinas: poesías (1927).
  • La carestía de la vida: sus causas y sus remedios. Programa económico para cualquier partido político (1930).
  • La cuestión social y las escuelas que se proponen resolverla.

RecoñecementosEditar

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 "Biografía na Gran Enciclopedia Catalana" (en catalán). 
  2. "Necrológica en La Vanguardia". 
  3. "Partida de nacemento de Dalmacio Iglesias". Arquivado dende o orixinal o 08 de marzo de 2018. Consultado o 06 de abril de 2020. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 4,7 Enciclopedia Universal Ilustrada Europeo-Americana, tomo 28, 1ª parte. Espasa-Calpe. 1925. p. 939. 
  5. Navarro Cabanes, José (1917). Apuntes bibliográficos de la prensa carlista. Valencia: Sanchís, Torres y Sanchís. pp. 252–253. 
  6. 6,0 6,1 Enciclopedia Universal Ilustrada Europeo-Americana, tomo 28, 1ª parte. Espasa-Calpe. 1925. p. 940. 
  7. "Lista de obras en WorldCat". 
  8. "Calle en Santibáñez el Bajo". 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar