Daistipassa
Daistipassa foi unha cidade hitita da Terra Alta Hitita que sobre o -1300 caeu en mans dos kaskas de Pishuru. Esta cidade como líder e as cidades de Ishupitta e Daistipassa, agora dominadas polos kaskas e, polo tanto, aliadas, apoderáronse das terras de Landa, Marista e algunhas cidades fortificadas dos hititas; os hititas non os deron contido e os kaskas continuaron avanzando ao sur atravesando o río Marasanda ou Maraššvai e chegando ata a terra de Kanis (Kanesh).