Los Angeles Daily News

xornal estadounidense
(Redirección desde «Daily News of Los Angeles»)

Los Angeles Daily News, tamén coñecido como Daily News of Los Angeles, é o segundo xornal que máis circula nos Ánxeles, California. É o principal xornal de Los Angeles Newspaper Group, parte da empresa de Digital First Media, que ten a súa base de operacións en Colorado.

As oficinas de Daily News atópanse situadas en Woodland Hills, e a maioría dos seus lectores son do Val de San Fernando. Os seus artigos polo xeral tratan sobre os negocios do val, educación e crime. Polo xeral teñen unha visión dereitista e centralista, aínda que apoianron a Barack Obama para presidente.[1]

A empresa xornalística Digital First Media tamén publican os seguintes diarios rexionais:

Torrance Daily Breeze cobre a rexión suroeste do Condado dos Ánxeles; Long Beach Press Telegram cobre a rexión de Long Beach, Compton e Norwalk; Whittier Daily News cobre a área de Whittier; San Gabriel Valley Tribune cobre o Val de San Gabriel; Pasadena Star-News cobre a rexión de Pasadena e Arcadia; Inland Valley Daily Bulletin cobre o Val de Pomona e a área de Ontario; San Bernardino Sun cobre o Val de San Bernardino; Redlands Daily Facts cobre a rexión de Redlands e Yucaipa; Press-Enterprise cobre as rexións occidental e central do Condado de Riverside; Orange County Register cobre o Condado de Orange.

Notas editar

  1. "Copia archivada". Arquivado dende o orixinal o 28 de xuño de 2011. Consultado o 06 de xullo de 2018. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar