O DS Hardangeren foi un barco de vapor construído pola Bergens Mekaniske Verksteder para a Interessentskabet Hardangeren e entregado en xullo de 1869. En 1880 ó formarse a Hardanger Sunnhordlandske Dampskipsselskap foi o primeiro navío da nova empresa e serviu en diversas rutas ata despois da segunda guerra mundial. En 1950 mercouno a A/S Sildefiskernes Exportlag tomando o novo nome de Harda pero tan só se mantivo un ano, vendéndose para desmontalo en 1951.

DS Hardangeren
Historial
Características xerais