Dong Fang Hong 1

Primeiro satélite artificial de China.
(Redirección desde «DFH 1»)

Dong Fang Hong 1, tamén coñecido polo seu acrónimo DFH-1, foi o primeiro satélite artificial lanzado pola China. Engalou a bordo dun foguete CZ-1 o día 24 de abril de 1970 desde o centro de lanzamento de Jiuquan, facendo da China o quinto país en poñer un satélite en órbita polos seus propios medios.[2][5]

Dong Fang Hong 1
Reprodución do Dong Fang Hong 1
TipoExperimental.
OrganizaciónCAST
Destino actualRetirado.
Satélite deTerra
Data de lanzamento24 de abril de 1970[1][2][3]
Foguete portadorCZ-1[2][3][4]
Sitio de lanzamentoCentro de lanzamento de Jiuquan[2][5]
Obxectivo da misiónExperimental.[2]
NSSDC ID1970-034A
Masa173 kg[2][5]
DimensiónsPoliedro de 1 m de diámetro.[5]
Datos orbitais
Semieixo maior7626,2 km[1]
Inclinación68,4 graos[1]
Apoapse438,8 km[1]
Periapse2071,5 km[1]

Características editar

DFH-1 lanzouse como satélite de comunicacións experimental, cun radiotransmisor a bordo. A súa función principal foi reproducir a canción Don Fang Hong (O leste é roxo), símbolo da revolución maoísta.[2] Durou 26 días en órbita, nunha operación dirixida por Qian Xuesen.[6]

O satélite tiña forma de esfera dun metro de diámetro e estaba composto por sete subsistemas: estrutura, control térmico, enerxía, o transmisor da canción, a telemetría, o sistema de seguimento e o de medición de actitude. Estabilizábase mediante xiro e alimentábase exclusivamente mediante baterías. A canción transmitíase nunha frecuencia de 20,009 MHz. Deixou de transmitir en xuño de 1970.[2]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "DFH-1" (en inglés). Consultado o 14 de xaneiro de 2012. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 NASA (4 de novembro de 2011). "PRC 1" (en inglés). Consultado o 14 de xaneiro de 2012. 
  3. 3,0 3,1 "Note verbale dated 8 June 2005 from the Permanent Mission of China to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (05-86264(E)): 2. 16 de novembro de 2005. Consultado o 14 de xaneiro de 2012. 
  4. Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "DFH 1" (en inglés). Consultado o 14 de xaneiro de 2012. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Mark Wade (2011). "DFH-1" (en inglés). Consultado o 14 de xaneiro de 2012. 
  6. Zajec, Olivier (maio 2013). "Las ambiciones de Pekín trastocan el reparto del poder espacial y nuclear". Le Monde diplomatique en Español (211): 18–19. ISSN 1888-6434. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar