Dong Fang Hong 3 (bus)

(Redirección desde «DFH-3A (bus)»)

O bus Dong Fang Hong 3 (abreviadamente DFH-3), homónimo ó dos satélites DFH-3, é un tipo de bus para satélites fabricado en China.[1][2]

Características editar

O bus DFH-3 está pensado para satélites de comunicacións na órbita xeoestacionaria e estabilizados nos tres eixos, aínda que pode ser adaptado para satélites noutras órbitas ou incluso sondas de espazo profundo. Ten unha estrutura hexahédrica dividida en tres módulos: propulsión, servizo e comunicacións, e antenas de comunicación e paneis solares. O bus está composto tamén por sete subsistemas: estrutura, control, enerxía, telemetría e seguimento, propulsión, control térmico e comunicacións. Hai tres versións do bus, cada un con características melloradas: DFH-3, DFH-3A e DFH-3B.[1][2]

Especificacións técnicas[1][2] editar

DFH-3 editar

  • Dimensións: 2,20 m x 1,72 m x 2,00 m
  • Masa: 2320 kg
  • Carga útil: 230 kg
  • Potencia eléctrica: 1700 W
  • Consumo máximo da carga útil: 1000 W
  • Tempo de vida: 8 anos

DFH-3A editar

  • Dimensións: 2,40 m x 1,72 m x 2,20 m
  • Masa: 2740 kg
  • Carga útil: 360 kg
  • Potencia eléctrica: 4000 W
  • Consumo máximo da carga útil: 2500 W
  • Tempo de vida: 12 anos

DFH-3B editar

  • Dimensións: 2,20 m x 2,00 m x 3,10 m
  • Masa: 2740 kg
  • Carga útil: 360 kg
  • Potencia eléctrica: 4000 W
  • Consumo máximo da carga útil: 2500 W
  • Tempo de vida: 12 anos

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2019). "DFH-3" (en inglés). Consultado o 17 de outubro de 2019. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Gunter Dirk Krebs (2019). Gunter's Space Page, ed. "DFH-3 Bus" (en inglés). Consultado o 17 de outubro de 2019. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar