Abrir o menú principal

DART

Satélite artificial dos Estados Unidos.

DART (acrónimo de Demonstration for Autonomous Rendezvous Technology) é un satélite artificial da NASA lanzado o 15 de abril de 2005 desde a base Vandenberg da Forza Aérea mediante un foguete Pegasus XL lanzado desde un avión Lockheed L-1011 TriStar.[3]

DART
DART at Vandenberg AFB.jpg
Preparación de DART antes do lanzamento.
TipoDemostrador tecnolóxico.
OrganizaciónNASA
Destino actualRetirado.
Satélite deTerra
Data de lanzamento15 de abril de 2005, 18:25 UTC[1][2][3]
Foguete portadorPegasus XL[2][4]
Sitio de lanzamentoBase Vandenberg da Forza Aérea[2]
Obxectivo da misiónDemostrador tecnolóxico para técnicas de cita espacial automática.[2]
NSSDC ID2005-014A
Masa360 kg[2][5]
Datos orbitais
Semieixo maior6907,6 km[1]
Inclinación96,6 graos[1]
Apoapse685,8 km[1]
Periapse387,4 km[1]
Representación artística de DART (en primeiro plano) aproximándose a MUBLCOM.

CaracterísticasEditar

DART foi un demostrador tecnolóxico deseñado para ensaiar e probar técnicas automáticas de cita espacial e manobrar arredor doutro satélite co fin de desenvolver métodos que permitan o uso futuro de naves reutilizables mediante o reaprovisionamento automático de propelente, o transporte autónomo de carga e outras posibilidades[4]. Neste caso, o satélite obxectivo foi o MUBLCOM.[2]

A misión deuse por errada debido a un problema con DART cando estaba a 91 metros de MUBLCOM, provocando a colisión entre os dous satélites sen que ningún deles sufrira danos aparentes.[2][4]

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "DART" (en inglés). Consultado o 9 de xaneiro de 2012. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 NASA (4 de novembro de 2011). "DART" (en inglés). Consultado o 9 de xaneiro de 2012. 
  3. 3,0 3,1 "Note verbale dated 20 September 2005 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (05-90019). 16 de novembro de 2005: 2. Consultado o 7 de setembro de 2019. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "DART" (en inglés). Consultado o 9 de xaneiro de 2012. 
  5. Mark Wade (2011). "DART" (en inglés). Consultado o 9 de xaneiro de 2012.