Derek Allen

numismático británico
(Redirección desde «D. Allen»)


Derek Fortrose Allen, nado en Epson, no condado de Surrey, o 29 de maio de 1910 e finado en Chipping Norton, Oxfordshire, o 13 de xuño de 1975, foi un conservador de museo e numismático inglés, vinculado ao Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico e directivo da Academia Británica desde 1969 ata o seu falecemento.[1][2]

Infotaula de personaDerek Fortrose Allen
-Derek Allen-
Biografía
Nacemento29 de maio de 1910
Londres, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Morte13 de xuño de 1975 (65 anos)
Chipping Norton
Oxfordshire
Inglaterra
23º President of the Royal Numismatic Society (en) Traducir
1966 – 1970
← Philip GriersonColin M. Kraay →
18º President of the British Numismatic Society (en) Traducir
1959 – 1963
← Horace Herbert King (en) TraducirCharles Wilson Peck → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidade Británica
Coñecido porCatalogación de moeda británica no Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico.
Actividade
Campo de traballoNumismática
Ocupaciónarqueólogo , numismático Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeWinifred Gell (1938)
FillosNicholas Justin Allen (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
- 1953: Medalla Sanford Saltus, da BNS.
- 1966: Medalla da RNS.
- 1971: Membro honorario da British Numismatic Society.

Traxectoria editar

Infancia e formación editar

Derek Allen era fillo do xurista Ernest Allen e de Elsie Mackenzie, que lle transmitiu a Derek a súa paixón pola música.[2] Logo do ensino primario en Sutton, cursou a educación secundaria no Wellington College de Berkshire. A delicada situación económica da familia na década de 1930 impediu que puidese realizar estudos superiores, aínda que afondou na súa formación musical co propósito de chegar a se converter en profesional, o que o levou a residir en Oxford.[3]

En Oxford tomou contacto coa historiografía e a arqueoloxía influído por varios dos seus profesores, e empezou a acudir a algunhas escavacións. Un deses profesores, Michael Parker, propúxoo para ocupar un posto vacante no Museo Británico.[4]

Vinculación coa numismática editar

E así foi que en 1935 accedeu como conservador axudante ao Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico, ás ordes de John Allan e en substitución de G. C. Brooke, que falecera repentinamente.[5] A súa primeira publicación en materia numismática produciuse xa no ano seguinte, cun artigo para o Congreso Internacional de Numismática de 1936, celebrado en Londres, aínda que as súas contribucións máis significativas non empezaron a producirse ata a década de 1940.[6]

En 1938 casou con Winifred Gell, con quen tivo tres fillos, e estableceu a súa residencia no distrito londiniense de Bloomsbury.[7]

Aínda que nos primeiros momentos carecía de experiencia, axiña se lle encomedou encargarse da clasificación das 4.000 moedas dos reis Eduardo I e Eduardo II procedentes do tesouro de Boyton, e seguidamente do legado de Clarke-Thornhill, consistente en 12.000 pezas. A partir de aí, Allen non tardou en ser recoñecido como unha das principais autoridades mundiais na moeda antiga das illas británicas e na moeda celta de todo o continente. O seu proxecto de catalogar as emisións monetarias de Henrique II foi interrompido pola segunda guerra mundial, aínda que logrou concluílo en 1947.[8][9]

Derek Allen ingresou na British Numismatic Society (BNS) en 1935 e foi o secretario da entidade desde 1938 a 1941. Así mesmo, foi o editor dos volumes XXII e XXIII do seu órgano de expresión, o British Numismatic Journal. A súa estreita vinculación coa BNS levouno a ser elixido presidente entre 1959-1963.[5][9]

Tamén formou parte da Royal Numismatic Society, que presidiu entre 1966 e 1970.[10][11] Así mesmo, foi elixido membro da Academia Británica en 1963 e nela exerceu os postos de secretario e de tesoureiro.[9]

Allen xubilouse en 1968 e pasou os derradeiros anos da súa vida en Chilson, en Oxfordshire.[12]

Premio Derek Allen editar

Artigo principal: Premio Derek Allen.

En 1976, un ano despois do seu pasamento, a súa viúva estabeleceu coa Academia Británica un premio na súa memoria, o premio Derek Allen, co que se recoñecen anualmente traballos de investigación sobre as tres paixóns de Allen: a musicoloxía, anumismática e os estudos celtas.[13]

Recoñecementos editar

Escolma de publicacións editar

A maior parte da obra científica de Derek Allen foi publicada no British Numismatic Journal, o órgano de expresión da British Numismatic Society. Porén, Allen publicou tamén nalgunhas das máis prestixiosas revistas numismáticas europeas do momento e foi autor de diversas monografías (unha importante parte das súas publicacións son póstumas).[16][17][18]

Artigos en British Numismatic Journal editar

Outros artigos editar

Monografías editar

  • (1987- 1995): Catalogue of the Celtic coins in the British Museum : with supplementary material from other British collections. Con John Kent e Melinda Mays. British Museum Publications.
    • (1987): Vol. 1: Silver coins of the East Celts and Balkan peoples.
    • (1990): Vol. 2: Silver coins of North Italy, South and Central France, Switzerland and South Germany. ISBN 9780714108698
    • (1995): Vol. 3: Bronze coins of Gaul. ISBN 9780714108780

Notas editar

  1. "Allen, Derek Fortrose". En Who´s Who & Who Was Who.
  2. 2,0 2,1 Turner, E. G. (1977). Páxina 435.
  3. Turner, E. G. (1977). Páxina 436.
  4. Turner, E. G. (1977). Páxina 438.
  5. 5,0 5,1 Turner, E. G. (1977). Páxina 439.
  6. Blunt, C. E. (1976). Páxina 90-91.
  7. Turner, E. G. (1977). Páxina 440.
  8. Turner, E. G. (1977). Páxinas 439-456.
  9. 9,0 9,1 9,2 9,3 9,4 9,5 Blunt, C. E. (1976). Páxina 91.
  10. "Presidents of the Society". The Royal Numismatic Society.
  11. 11,0 11,1 11,2 11,3 Turner, E. G. (1977). Páxina 446.
  12. Turner, E. G. (1977). Páxina 447.
  13. "Derek Allen Prize". The British Academy.
  14. "Sanford Saltus Gold Medal". British Numismatic Society.
  15. "The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.
  16. "Allen, Derek Fortrose 1910-1975 Arquivado 27 de marzo de 2019 en Wayback Machine.". En Digital Library Numis.
  17. Thompson, R. H. (1974).
  18. "Derek Fortrose Allen". En WorldCat.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar

Predecesor:
Philip Grierson
 
Presidente da Royal Numismatic Society

1966 - 1970
Sucesor:
Colin M. Kraay