D. H. Lawrence

escritor inglés
(Redirección desde «D.H. Lawrence»)


David Herbert Lawrence , nado en Eastwood (Nottinghamshire) o 11 de setembro de 1885 e finado en Vence (Provenza) o 2 de marzo de 1930, foi un novelista e poeta inglés, unha das figuras literarias máis influentes e polémicas do século XX.

Infotaula de personaD. H. Lawrence

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(en) David Herbert Lawrence Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) David Herbert Richards Lawrence Editar o valor em Wikidata
11 de setembro de 1885 Editar o valor em Wikidata
Eastwood (Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda) Editar o valor em Wikidata
Morte2 de marzo de 1930 Editar o valor em Wikidata (44 anos)
Vence (Terceira República Francesa) Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Tuberculose Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaD. H. Lawrence Ranch (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Nottingham (pt) Traducir
Nottingham High School (en) Traducir
Universidade de Londres Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndramaturgo , novelista , pintor , guionista , poeta , tradutor , escritor , crítico literario Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1907 Editar o valor em Wikidata -
Xénero artísticoNovela, novela curta, poesía e ensaio Editar o valor em Wikidata
MovementoLiteratura moderna (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Influencias
Pseudónimo literarioLawrence H. Davison Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
CónxuxeFrieda von Richthofen (–1930) Editar o valor em Wikidata
PaiArthur John Lawrence (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsLettice Ada Clarke Editar o valor em Wikidata
Cronoloxía
marzo de 1933-outubro de 1933Queima de livros (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0492692 IBDB: 11069
Dialnet: 3356759 Musicbrainz: 061a57e5-db92-4bb8-94af-01ff15dbe335 Discogs: 648014 WikiTree: Lawrence-4713 Find a Grave: 1564 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo dun mineiro de carbón e unha mestra de escola, a disparidade no rango social dos seus pais foi un motivo recorrente nas súas obras. Graduouse na Universidade de Nottingham en 1908 e publicou os seus primeiros poemas na revista English Review en 1909. A súa primeira novela, The white peacock (O pavo real branco) publicouse en 1911 grazas á axuda do seu amigo Ford Madox Ford. Sons and lovers (1913), en gran parte autobiográfica, é a máis significativa das súas primeiras novelas e aborda a vida nun pobo mineiro. En 1912 liscou a Europa con Frieda Weekley, unha aristócrata alemá (irmá do aviador alemán Freiherr Manfred von Richthofen) que estaba casada co seu profesor e coa que casou dous anos despois, cando ela conseguiu o divorcio. A súa intensa, tormentosa e nómade vida en común proporcionoulle material para moitas das súas novelas. The rainbow (O arco da vella, 1915) e Women in love (Mulleres namoradas, 1921) -dúas das súas obras máis polémicas- exploran con franqueza as relacións sexuais e psicolóxicas entre homes e mulleres. The rainbow foi prohibida oficialmente por obscenidade. Neste período tamén escribiu dous libros de poesía, Love Poems and Others (Poemas de amor e outros poemas, 1913) e Look! We have come through! (1917). Durante a primeira guerra mundial Lawrence viviu angustiado en Inglaterra a causa da orixe alemá da súa muller e a súa propia oposición á guerra.

Viaxes e doenzas editar

A tuberculose engadiuse aos seus problemas, e en 1919 empezou unha vida vagabunda sen descanso na busca dun clima máis benigno. As súas viaxes proporcionáronlle os ambientes de varios libros: a rexión italiana de Abruzzi na obra The Lost Girl (A rapaza perdida, 1920), Sea and Sardinia (Sardeña no mar e Sardeña, 1921) e Kangaroo (1923).

Durante as súas estancias en México e Taos, Novo México (1923-1925), The Plumed serpent, (A serpe emplumada 1926), novela que reflicte a súa fascinación pola civilización azteca. A súa poesía máis orixinal, publicada en Birds, Beasts and Flowers (Paxaros, bestas e flores, 1923), emana das súas experiencias coa natureza no suroeste dos Estados Unidos e a rexión mediterránea. A partir de 1926 viviu principalmente en Italia, onde escribiu e reescribiu a súa novela máis famosa, Lady Chatterley's lover (O amante de lady Chatterley, 1928), que trata das relacións sexuais entre unha muller e o criado de seu home, membro da nobreza. En 1932 publicouse unha versión expurgada.

Nos seus máis de corenta libros enxalzou a súa visión dun ser humano completo e natural, oposto á artificialidade da moderna sociedade industrial pola súa deshumanización da vida e do amor. Así a todo, as súas novelas foron malentendidas, atacadas e ata censuradas polo seu aberto tratamento dos temas sexuais.

Obra traducida ao galego editar

Notas editar

  1. Ficha Arquivado 06 de marzo de 2019 en Wayback Machine. en BiTraGa.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar