Dólar de prata do Parque Nacional de Yellowstone

moeda conmemorativa estadounidense de 1999
Dólar de prata do
Parque Nacional de Yellowstone
A/: Un dos géyseres do parque. Lendas: LLEYOWSTONE / IN GOD WE TRUST / LIBERTY R/: Adaptación do selo do Departamento do Interior.

Lenda: UNITED STATES OF AMERICA / E PLURIBUS UNUM / ONE DOLLAR

O dólar de prata do Parque Nacional de Yellowstone é unha moeda conmemorativa, non circulante, emitida en 1999 e cuñada pola Casa da Moeda dos Estados Unidos na súa Ceca de Filadelfia.

Esta moeda dun dólar foi autorizada pola Lei 104-1776, do 20 de outubro de 1996,[1] pola que se creaba por primeira vez nos Estados Unidos unha moeda conmemorativa do Parque Nacional de Yellowstone, con motivo do 125 aniversario da súa creación polo Congreso en 1872.[2][3]

Deseño editar

O anverso do dólar do Parque Nacional de Yellowstone é obra de Edgar Z. Steever, e reproduce un géyser do parque natural, coa característica paisaxe arborada do parque ao fondo.[2][3]

O deseño do reverso débeselle a William C. Cousins, e consiste nunha adaptación do selo do Departamento do Interior dos Estados Unidos, cun búfalo americano nas chairas, cun sol que se ergue por riba das montañas do fondo.[2][3]

Produción e comercialización editar

A lei pola que se autorizou este dólar prevía a cuñaxe dunha tiraxe máxima de 500.000 exemplares, tanto convencionais como cun acabamento especial (proof), e a súa distribución abrangueu desde o 16 de xullo de 1999 ata o 15 de xullo de 2000.[3] Finalmente vendéronse 82.563 pezas con acabamento estándar e 187.595 na súa versión proof.[2][4]

A recadación obtida pola comercialización desta moeda conmemorativa destinouse ao Parque Nacional de Yellowstone e a outros parques nacionais, a través da National Park Foundation.[3]

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar