Dólar de prata da muller no servizo militar dos Estados Unidos

moeda conmemorativa estadounidense de 1994
Dólar de prata da
muller no servizo militar dos Estados Unidos
A/: Cinco mulleres con uniforme militar.

Lendas: ARMY ⋆ MARINES ⋆ NAVY ⋆ AIR FORCE ⋆ COAST GUARD / LIBERTY / IN GOD WE TRUST

R/: Monumento ás mulleres militares dos Estados Unidos en Arlington.

Lenda: UNITED STATES OF AMERICA / WOMEN IN MILITARY SERVICE MEMORIAL / ONE DOLLAR / E PLURIBUS UNUM

O dólar de prata da muller no servizo militar dos Estados Unidos é unha moeda conmemorativa, non circulante, emitida en 1994 e cuñada pola Casa da Moeda dos Estados Unidos.

Esta moeda dun dólar foi autorizada pola Lei 103-186, do 14 de decembro de 1993,[1] pola que se creaba unha moeda conmemorativa para render homenaxe ás mulleres que forman parte das Forzas Armadas dos Estados Unidos.[2]

Este dólar insírese nunha serie de tres moedas do Programa de Veteranos de 1994, xunto con outros dous dedicados aos veteranos da guerra de Vietnam e aos prisioneiros de guerra estadounidenses.[1][3][4]

Deseños editar

As dúas faces desta moeda foron deseñadas por T. James Ferrell. No seu anverso reprodúcese a imaxe de cinco mulleres de perfil que representan as cinco ramas das Forzas Armadas dos Estados Unidos: Exército de Terra, Marines, Armada, Forza Aérea e Garda Costeira.[2][3]

No seu reverso figura o deseño que foi aprobado para a construción do monumento dedicado ás mulleres militares estadounidenses, en Arlington, Virxinia.[2][3]

Produción e comercialización editar

A lei pola que se autorizou este dólar prevía a cuñaxe dunha tiraxe máxima de 600.000 exemplares. Na Casa da Moeda de West Point —con marca de ceca W—produciuse na súa versión estándar e na Casa da Moeda de Filadelfia —con marca P— na versión con acabamento especial (proof).[3] En total cuñáronse 311.136 exemplares, deles 69.860 en West Point e 241.278 en Filadelfia, que estiveron dispoñibles para a súa compra a partir do 29 de xullo de 1994.[5]

A recadación obtida pola comercialización desta moeda conmemorativa destinouse á Women in Military Service for America Memorial Foundation, co fin de recadar fondos para erguer un monumento en homenaxe ás mulleres no servizo militar dos Estados Unidos.[2]

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar