Dólar de prata da Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos
Dólar de prata da Biblioteca do Congreso dos EEUU | |
---|---|
A/: Dous libros, un deles aberto; atrás un facho. Lendas: LIBRARY OF CONGRESS / 1800 2000 / IN GOD WE TRUST / LIBERTY | R/: Cúpula do Edificio Jefferson da Biblioteca do Congreso.
Lenda: UNITED STATES OF AMERICA / E PLURIBUS UNUM ONE DOLLAR |
|
O dólar de prata da Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos é unha moeda conmemorativa, non circulante, emitida en 2000 e cuñada pola Casa da Moeda dos Estados Unidos na súa Ceca de Filadelfia.
Esta moeda dun dólar forma parte dunha serie de dous valores —a outra é de 10 dólares— e foi autorizada pola Lei 105–268, do 19 de outubro de 1989,[1] para conmemorar o 200º Aniversario da Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos.[2][3]
Deseño
editarO anverso deste dólar foi deseñado polo gravador da US Mint Thomas D. Rogers, autor tamén do reverso inicial do popular dólar Sacagawea. No anverso represéntanse dous libros, un deles aberto e apoiado noutro, que está pechado, e ao fondo aparece o facho da aprendizaxe.[2][4]
O reverso é obra John Mercanti, recoñecido autor de numerosas moedas conmemorativas dos Estados Unidos. Neste reverso represéntase a cúpula do Edificio Jefferson, un dos catro que compoñen a Biblioteca do Congreso, construído entre 1890 e 1897.[2][4]
Produción e comercialización
editarA Lei 105-268 autorizou unha tiraxe máxima de 500.000 exemplares.[1][2] A súa comercialización comezou o 24 de abril de 2000 e, ao remate do período de venda a finais dese ano, chegárase á venda de 53.264 exemplares con acabamento estándar e 198.503 con acabamento especial (proof).[4][5]
Aínda que durante o seu período de distribución o dólar de prata tivo máis éxito comercial que a moeda de 10 dólares que completaba a serie, no mercado secundario foi esta última a que se fixo máis popular, polo feito de ser a primeira moeda bimetálica —en ouro e platino— emitida nos Estados Unidos.[4][6]
Unha parte dos beneficios económicos da súa comercialización foi destinada ao fondo económico en apoio dos programas de divulgación da Biblioteca do Congreso (Library of Congress Trust Fund Board).[2]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "Public Law 105-268 - Oct. 19, 1998". Govinfo.gov
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 "Library of Congress Commemorative Silver Dollar Coin". United States Mint.
- ↑ "Library of Congress Commemorative Coins". United States Mint.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 "1 Dollar Library of Congress". Numista.com
- ↑ "Historical Commemorative Coin Sales Figures: 2000 Library of Congress". United States Mint.
- ↑ "2000 Library of Congress $10 Bimetallic Gold and Platinum". ModernCommemoratives.com
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- "2000 Library of Congress Silver Dollar" (ModernCommemoratives.com)