Dólar de prata Dolley Madison

Dólar de prata Dolley Madison
1999 Dolley Madison Proof Dollar.jpg
A/: Busto de Dolley Madison rodeada de xasmíns.Data e marcas de ceca (P) e de gravador (T&Co. e TJF).

Lendas: LIBERTY / IN GOD WE TRUST / DOLLEY MADISON

R/: Residencia de Montpelier e salgueiros. Marcas de ceca (P) e de gravador (T&Co. e TDR).

Lenda: UNITED STATES OF AMERICA / E PLURIBUS UNUM / MONTPELIER / ONE DOLLAR

O dólar de prata Dolley Madison é unha moeda conmemorativa, non circulante, emitida pola Casa da Moeda dos Estados Unidos en 1999 e cuñada pola Ceca de Filadelfia.

Esta moeda dun dólar foi atorizada pola Lei 104-329, do 20 de outubro de 1996,[1] pola que se dispuxo a emisión dunha moeda na honra da que fora primeira dama dos Estados Unidos Dolley Madison (1768-1849), ao se celebrar o 150 aniversario do seu pasamento.[2]

DeseñoEditar

A US Mint encargoulle os deseños desta moeda conmemorativa á compañía privada de xoiaría Tiffany & Co. Por este extraordinario motivo na numismática estadounidense, en ambas as faces deste dólar aparece a abreviatura "T & Co.".[3]

No anverso da moeda, deseñado e gravado por T. James Ferrell, represéntase un busto de Dolley Madison, primeira dama esposa do presidente James Madison, fronte á casa de xeo de inspiración clásica da súa residencia familiar Montpelier, en Orange, Virxinia. As lendas fan mención ao seu nome, DOLLEY MADISON, xunto cos lemas IN GOD WE TRUST ("En Deus confiamos") e LIBERTY ("Liberdade"), tradicionais das moedas estadounidenses.[2][3]

O dólar de de prata Dolley Madison representa por vez primeira unha primeira dama nunha moeda estadounidense.[3]

 
Gravado de Dolley Madison ca. 1800.

Pola súa banda, o reverso, obra do gravador Thomas D. Rogers, está caracterizado por unha vista da fachada principal da residencia de Montpelier rodeada de follaxe e salgueiros, xunto co nome da propiedade: MONTPELIER. Completan o reverso o lema E PLURIBUS UNUM e a as lendas alusivas ao nome do país e ao valor facial da moeda.[2][3]

Produción e comercializaciónEditar

A lei que autorizou a emisión destas moedas conmemorativas prevía unha tiraxe máxina de 500.000 exemplares.[1] A moeda produciuse na Casa da Moeda de Filadelfia e a emisión estivo dispoñible para a súa adquisición por parte da poboación desde o 1 de xaneiro ata o 31 de decembro de 1999.[2][3]

A súa produción foi de 89.104 moedas na súa condición estándar e 224.403 en versión con acabamento especial (proof) o que fai un total de 313.507 exemplares.[3][4]

Este dólar conmemorativo comercializouse aos prezos de 32 dólares en condición estándar e 37 en versión proof.[3] Consonte a lei que autorizou a moeda, parte do beneficio acadado pola súa venda foille entregado ao National Trust for Historic Preservation, para o mantemento de Montpelier e os seus 2.700 acres de terreo.[2][3]

RecoñecementosEditar

O dólar de prata do 250 aniversario de Dolley Madison foi recoñecido co Premio Moeda do Ano de 2001 á mellor moeda de módulo grande emitida en 1999.[5]

NotasEditar

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar