Día dos Namorados

celebración anual
(Redirección desde «Día de San Valentín»)

O Día dos namorados é unha celebración que ten lugar na maioría dos países o 14 de febreiro coincidindo co día de San Valentín. Este médico convertido en sacerdote na Roma do século III é o santo patrón dos namorados.

Unha postal do 1910.

Orixes editar

Moitas das lendas que os rodean actualmente foron probablemente inventadas durante a Idade Media en Francia e Inglaterra, cando o día festivo de 14 de febreiro empezou a ser asociado co amor, a raíz da historia de San Valentín, que sería executado un 14 de febreiro ao non querer renunciar ao cristianismo, e casar parellas en segredo despois de que o matrimonio fose prohibido polo emperador Claudio II. Outra lenda di que é patrón dos namorados porque a súa festa coincide co momento do ano en que os paxaros empezan a apreixarse e comezan a facer os niños.

A identidade de San Valentín segue sendo vaga. É difícil hoxe saber con certeza o cal pode reivindicar ser o santo patrón, pois sábese pouco da vida de tres relixiosos dos séculos III e V:

No ano 268, o emperador Claudio II atopaba que os homes casados non facían bos soldados debido á súa dependencia coa familia, e decidiu suprimir o matrimonio. Mais os novos noivos seguiron acudindo a un sacerdote chamado Valentín, secretamente, para recibir a bendición do matrimonio. O sacerdote foi detido e prendido, e durante o seu cativerio, Valentín vinculouse de amizade con Xulia, a rapaza do seu carcereiro, unha moza cega. E produciuse un milagre: a rapaza recuperou a vista. Este milagre realizouse exactamente despois de ofrecerlle unhas follas con forma de corazón e coa seguinte mensaxe: «Do teu Valentín». Morre mártir, decapitado en Roma no ano 270, e enterrouse na Vía Flaminiana, onde se lle volveu facer culto.

Valentín de Terni era bispo desa vila da rexión da Umbría, preto. Mártir el tamén, foi decapitado en Roma pero no ano 273, aínda que non é moi seguro que fora baixo Claudio II.

Menciónase tamén a existencia dun terceiro Valentín, bispo de Rhétie, polo século V.

Comezo da celebración editar

Até finais do século V celebrábase en Roma a festa das Lupercais, unha festa de purificación que tiña lugar o 15 de febreiro, ao remate do ano romano, que comezaba o 1 de marzo. Na celebración, 12 luperques, sacerdotes de Faunus, sacrificaban un chibo ao seu deus na gruta do Lupercal (ao pé do Palatino) onde, segundo a lenda, a loba aleitara aos irmáns Rómulo e Remo. No ano 494, o Papa Xelasio I (492-496), prohibiu e condenou esta festa pagá. Elixiu San Valentín como santo patrón dos noivos e namorados, e publicou que se lle consagraría esta data.

Na actualidade, celébrase mediante o intercambio de notas de amor con símbolos como a forma simbólica do corazón e Cupido. Desde o século XIX introduciuse o intercambio de tarxetas producidas masivamente. A esta práctica sumouse o dar outro tipo de agasallos como rosas e chocolates. Nos Estados Unidos, esta celebración tamén se empezou a asociar cun saúdo amor platónico de Happy Valentine's. Durante o século XX a celebración do Día de San Valentín estendeuse a outros países como o Xapón, a China e Taiwán.

Na República popular da China e en Taiwán, desde os anos 80, o día dos namorados ten un renome moi importante, en particular nos rapaces, que xera distintas actividades comerciais. Ademais, existe unha festa tradicional para os namorados procedente dunha lenda antiga, cuxa data é o 7 do sétimo mes do calendario lunar.

No Xapón, a aparición do San Valentín débese a un fenómeno comercial. Ese día, as mulleres ofrecen chocolates aos homes que a elas lles gustan (sexan familiares, amigos ou compañeiros de traballo). Esta práctica converteuse nunha obrigación para moitas mulleres, en particular as empregadas de oficina, que deben ofrecer chocolates a todos os seus colegas masculinos, ás veces a un custo moi elevado (estes chocolates por outra banda chámanse os Giri Choco, é dicir, "chocolates de obrigación"). O 14 de marzo, chamado Día Branco, é o día en que os homes teñen que ofrecer unha roupa branca ás que lles ofreceron chocolates, aínda que logo satisfanse xeralmente cun agasallo unicamente á súa moza. A nova rapariga pode esixir con este motivo un presente ao seu gusto, cuxo valor pode ser tres veces superior ao custo dos chocolates ofrecidos un mes antes.

O San Valentín popularizouse tamén na India, en Paquistán e ata en Arabia Saudita, onde é a causa de hostilidade dalgúns grupos opostos a esta influencia "occidental"[1].

Notas editar